Galiñas máis poñedoras: Cales son as razas campioas?

Galliñas Lohman pastando

Se che gustan os récords e as curiosidades, vaiche encantar descubrir cales son as razas de galiñas máis poñedoras, esas que gañan tódalas apostas poñendo ovos.

E é que, quen ten unha galiña, ten un tesouro, porque terá á súa disposición, case que tódolos días do ano, ovos frescos cargadiños de nutrientes indispensables para a saúde.

Agora ben, dependendo da raza -e da boa crianza, non o esquezas- esa porcentaxe variará notablemente. Algunhas estirpes poñen só uns poucos ao ano, mentres que outras están moi preto ou mesmo superan a extraordinaria cifra de un ao día.

Anímaste a coñecer con Pazo de Vilane cales son as galiñas máis poñedoras?

Galiñas máis poñedoras por categorías

Pois si, para que este “campionato” sexa xusto é obrigado recoñecer, ao igual que en calquera proba deportiva, que non podemos esixir a mesma cantidade de posta a unha galiña de dobre propósito que a unha galiña poñedora.

Ao igual ca en calquera deporte non se agardan as mesmas marcas para os homes que para as mulleres, ou dun adulto fronte a un neno, nas galiñas acontece o mesmo.

É dicir, unha galiña pode ser excelente poñedora dentro da súa categoría, aínda que cuantitativamente falando non se achegue á máis poñedora en termos absolutos.

E cales son eses tipos ou categorías de galiñas?

Basicamente, considerando a súa posta e non outras características, clasificamos as galiñas en dúas grandes categorías: poñedoras e de dobre propósito.

Poñedoras

Á primeira, ás poñedoras, pertencen as razas que se foron conformando ao longo dos anos (ou séculos) para potenciar a súa posta. É dicir, os criadores realzaron ese trazo a partires de cruces xenéticos de aves moi poñedoras, dando lugar a estirpes ou razas que verdadeiramente chaman a atención polo seu rendemento.

De feito, hai razas poñedoras que poden chegar a poñer cerca dun ovo diario (350-360 ao ano), unha cifra admirable.

Dobre propósito

Por outro lado, temos as galiñas de dobre propósito que, como o seu propio nome indica, críanse para o aproveitamento tanto dos seus ovos como da súa carne.

Mentres que estas galiñas ofrecen unha carne excelente, moi apreciada a nivel culinario, as galiñas poñedoras non destacan precisamente por esta calidade.

Pola súa banda, as galiñas de dobre propósito poñen moitos menos ovos, pero non por iso son de peor calidade; son tan bos coma os das galiñas poñedoras.

E hai razas concretas dentro desta categoría que poden acadar a nada desprezable cifra de 260 ovos ao ano.

Raza de galiñaOvos/anoTipo
Lohman350-360Poñedoras
Isa Brown330
Leghorn300
Sussex240-260Dobre propósito
Rhode Island250
Plymouth Rock200
Orpington175-200
Castellana Negra180-200
De Mos192
Marans180
Utrerana180
Andaluza azul160
Pita Pinta Asturiana160
Polaca150
Paduana120-150
Araucana o mapuche130
Brahma120
Sedosa del Japón100-120
Negra90-100
Serama84Ornamental

O top de razas de galiñas máis poñedoras

Chegou o momento da verdade. O de saber cales son, sen ter en conta outras consideracións, as mellores galiñas poñedoras do mundo.

Teñamos en conta que a estas campioas da posta acompáñaas unha xenética privilexiada. Son o froito de anos de investigación e cruces depurados entre individuos especialmente dotados coa finalidade de facer prevalecer os mellores atributos: produtividade, resistencia, adaptabilidade, lonxevidade…

Por iso non é de estrañar que ofrezan unha cifras de ovos extraordinarias, sempre por enriba dos 300 ao ano. Coñezamos por fin cales son estas súper atletas da posta:

3- Galiña Leghorn

O terceiro lugar desta disputada competición ocúpao a galiña Leghorn, con algo máis de 300 ovos ao ano, considerada a nivel mundial a mellor poñedora de ovos brancos. Por suposto, só acadará esta cifra se está ben coidada, moi ben alimentada, e no momento óptimo de madurez, é dicir, nin moi nova nin moi maior.

Gallina leghorn

Cando cumpre os dous ou tres anos, e comeza o avellentamento da galiña, a súa produción de ovos diminúe paulatinamente entre un 10% e un 20%, cousa que lle acontece a tódalas aves, con independencia da súa raza.

A Leghorn é a máis empregada nas granxas avícolas dos EEUU e Canadá, porque o mercado norteamericano (simplemente por cuestión de gusto, posto que non hai diferenzas entre eles) prefire os ovos claros diante dos morenos.

Agora ben, quen é a campioa mundial? Moi boa pregunta!

Para dilucidar esta cuestión, e ser o máis xustos que poidamos, remitímonos ás guías de manexo de cada raza finalista: a galiña Isa Brown, que se alza cun segundo posto, e a Lohman, a nosa vencedora absoluta, a súper pitiña que criamos en Pazo de Vilane.

2- Galiña Isa Brown

A Isa Brown é unha galiña de bo carácter, que provén do cruce da liñaxe branca de Rhode Island co vermello de Rhode Island.

É resistente, adáptase ben ao frío e á calor e ten un carácter dócil.

Galiña Isa Brown

A Isa Brown é unha galiña de bo carácter, que procede do cruce da estirpe Rhode Island branca coa Rhode Island vermella. É resistente, adáptase ben ao frío e á calor e ten un carácter dócil. Non é frecuente que caia enferma, e non é nada conflitiva coas súas conxéneres, así que é perfecta se queres comezar na avicultura cunha pequena manda. Esta gran poñedora ten un desempeño asombroso, acadando un pico de 334 ovos anuais.

1- Galiña Lohman

Á pregunta cal é a galiña máis poñedora? a resposta é a galiña Lohman, capaz de poñer máis de 350 ovos ao ano. É o paxaro que coidamos en Pazo de Vilane dende hai décadas, por iso é a nosa debilidade.

Galiñas campeiras

Á pregunta cal é a galiña máis poñedora? a resposta é a galiña Lohman, capaz de poñer máis de 350 ovos ao ano. É a ave que coidamos en Pazo de Vilane dende fai décadas, é a nosa debilidade. Poucas galiñas son tan agradecidas coma as desta raza: robustas, moi “todo terreo”, simpáticas, espertas, e con boa adaptación tanto ao frío como á calor (ollo, a ningunha galiña lle gustan as temperaturas extremas, por iso as nosa viven felices no clima galego).

É tan dócil que se deixa coller en brazos sen problemas, e non causa grandes conflitos no galiñeiro. É lonxeva, moi resistente fronte a enfermidades e encántalle o pastoreo, porque non é nada asustadiza. E por se todo isto fora pouco, pon abundantes ovos castaños cun sabor tan rico e intenso que che custará esquecer.

As galiñas Lohman son únicas!

Que raza elixir se queres ter galiñas poñedoras?

Xa aclaramos o que podes agardar da túa galiña dependendo de se a súa raza pertence á categoría de poñedoras ou ás de dobre propósito. Vexamos agora que estirpes son as máis axeitadas se o que buscas é obter o máximo rendemento e acadar unha boa produción de ovos.

É dicir, que galiña pon máis ovos dentro das galiñas de dobre propósito?

Galiña castelá negra

Dentro das aves destinadas tanto a ovos como a carne, destaca unha galiña moi nosa, a galiña castelá negra, unha raza en perigo de extinción que trouxeron os árabes a España no século VIII.

Galiñas castelás negras

Actualmente é a única estirpe española sen influencia estranxeira; todo o contrario, deu orixe a outras razas fóra das nosas fronteiras.

A galiña castelá negra é capaz de poñer (en condicións óptimas de crianza) uns 180-200 ovos ao ano. Curiosamente, son de cor branco, pese á súa plumaxe escura.

Galiña de Mos

A Galiña de Mos, cuns 192 ovos ao ano, é outras das nosas grandes campioas de dobre propósito, unha raza autóctona galega en perigo de extinción que, por fortuna, está experimentando un rexurdimento nos últimos 20 anos.

Galiña de Mos

Adáptanse de forma estupenda a condicións climáticas duras, sobre todo ao frío, e dan uns ovos moi saborosos, ademais dunha carne moi apreciada.

Galiña Marans

Se che encanta presumir de orixinal, a galiña Marans é a túa. Cos seus 180 ovos ao ano cor chocolate non che faltarán motivos para presumir. Esta ave francesa cotízase moi ben precisamente pola rechamante tonalidade da súa produción.

Galo e galiña Marans

Ademais, é forte e áxil, polo que a súa crianza non che dará problemas, e desfrutarás co seu carácter, moi dócil e amigable.

Galiña Orpington

Outra boa opción se queres presumir de ter as galiñas máis poñedoras son as galiñas Orpington, unhas galiñas voluminosas e dun porte redondiño, moi característico.

Galiña Orpington

Estas aves repoludas, de bo carácter e moi tranquilas, daranche ao ano, se as coidas ben, entre 175 e 200 ovos.

Plymouth Rock

A galiña Plymouth Rock, que xurdiu en Massachusetts (EEUU) no século XIX, é outra das aves de dobre propósito máis apreciadas pola súa fácil crianza, bo rendemento e polo seu carácter tranquilo e amigable.

Galiña Plymouth Rock

Proporcionarache uns 200 ovos ao ano, e se queres cruzala, non che será difícil facerte cunha boa manda, pois son moi boas nais e gústalles chocar as súas niñadas. Ademais, son moi lonxevas: poden vivir até 10 anos.

Galiña Sussex

Agora ben, despois de presentarche todas estas triunfadoras da posta de ovos dentro do tipo de dobre propósito, chegou o momento de mostrarche a gañadora absoluta desta “categoría”, que non é outra que a galiña Sussex, con 240-260 ovos anuais.

Galiña de Sussex
Galiña de Sussex

Trátase dunha galiña británica da que se ten coñecemento polo menos dende os tempos do Imperio Romano. É rústica (adáptase ben a climas moi fríos) dócil, robusta e pon ovos de moi bo tamaño, incluso nos meses máis fríos.

A súa carne, moi apreciada polos ingleses, é moi rica e abundante, posto que as femias chegan a pesar uns 3,5 qg, mentres que os galos poden acadar os 4 qg.

Galiña Rhode Island

Non obstante, nesta pelexada competición a galiña Sussex comparte título ex aequo coa galiña Rhode Island, da que proceden os xenes que serviron de punto de partida para moitas das mellores razas actuais. É dicir, esta galiña é a “nai” de case tódalas estirpes poñedoras empregadas nas granxas avícolas de medio mundo.

Galiña Rhode Island

A Rhode Island é perfecta para criar nun xardín ou parcela, porque é resistente, pouco enfermiza, moi produtiva (ronda os 250-260 ovos ao ano) e adáptase a moitos climas. Ademais, é bastante fértil e soe sacar adiante as súas niñadas sen excesiva axuda, polo que é perfecta para granxeiros novatos.

Esta peculiar competición chegou á súa fin: xa tes o ranking das galiñas máis poñedoras do mundo. Se che quedou algunha dúbida da clasificación, podes consultala na táboa que atoparás máis arriba.

Agardamos que desfrutaras comparando as características das galiñas súper campioas case tanto coma nós.

Fontes:

Pazo de Vilane

https://colaves.com/wp-content/uploads/2020/09/isa_brown_PS_product_characteristics.pdf

https://lohmann-breeders.com/media/strains/cage/management/LOHMANN-Tradition-Cage.pdf

Gustouche este artigo? Pois ofrecémosche moito máis! Subscríbete ao noso boletín e recibirás un libro dixital gratuíto!