Agasallos para os amantes das galiñas

¿Te gustan las gallinas o conoces a alguien que les guste? Te traemos un montón de ideas de regalos relacionados con estos simpáticos animalitos.

Plato con gallina y mermeladas Pazo de Vilane

Sabémolo, encántanche as galiñas. A nós tamén! Son entrañables, graciosas, listas… e encima regálannos os seus ovos, un súper alimento que nos alimenta, deléitanos e, aínda por riba, axúdanos a mellorar a saúde.

Seguro que xa repararías no diferente que pode ser unha galiña segundo a súa raza, tanto en carácter como en aspecto físico, desde a tola plumaxe “ punky” da galiña Polaca, ata o bonito moteado da Pita Pinta Asturiana, pasando pola docilidade e a boa posta das Lohman. Cada unha ten as súas particularidades, pero todas son preciosas, a que si?

Se es tan fan das galiñas como nós, ou se coñeces a alguén a quen lle apaixona, seguro que che encantará esta selección de agasallos para os amantes das galiñas que elaboramos con todo o mimo.

Tes de todo e para todos os gustos. Desde mandís e pezas de louza ata cadernos ou chaveiros. Ah, incluso o necesario para iniciartee no apaixonante mundo da crianza de galiñas campeiras!

Estamos seguros de que atoparás algo para darche un capricho ou alegrarlle o día a un admirador das galiñas.

Mandil coa galiña de Pazo de Vilane

Estiloso e moderno, confeccionado con tea de algodón 100%, resistente e facilmente lavable. Ten un favorecedor cor verde botella, co noso logotipo da galiña en contraste, en marrón claro. Ideal para elaborar todas as nosas receitas con ovo campeiro. Comodísimo! Non o quitarás nunca…Tes o noso mandil á venda en tenda en liña de Pazo de Vilane.

Chaveiro con galiña

A mellor maneira de que non se che perdan as chaves. Estes chaveiros de galiñas tan orixinais están tecidos a man con la fina de gancho. Faite xa con eles aquí.

Prato grande de louza con galiña

Presentámosche este prato de louza artesanal, feito en Galicia –por suposto, debemos apoiar aos artesáns locais- e decorado coa famosa galiña de Pazo de Vilane e unhas estrelas nunha preciosa cor dourada.

Sen dúbida, é unha peza de louza elegante e orixinal que lucirá ideal nunha comida ao aire libre. Ademais, grazas ao brillo que achegan os motivos que adornan este prato, que mide 20 cm de diámetro, alegrará os teus días máis festivos. Podes completar a vaixela completa con esta cunca grande a xogo.

Podes adquirir este prato grande (só ou máis unidades) na nosa tenda en liña.

Caderno para amantes das galiñas

Simpatiquísimo, a que si? Este caderno de notas servirache para recompilar as túas mellores receitas ou confeccionar a lista dos ingredientes antes de ir á compra. Non esquezas apuntar ovos campeiros Pazo de Vilane!

Azucreiro e marmeladas

Este azucreiro de louza artesanal (tamén podes usalo para gardar as bolsitas de té, os bombons, caramelos…) pódese adquirir nun pack, xunto a un xogo de marmeladas artesanais elaboradas con froita cultivada nas leiras de Pazo de Vilane. Ás galiñas gústalles escallar ao redor das plantas de framboesa ou arandos en busca de insectos ou herbas, e deixan o esterco que necesitan aquelas para crecer mellor.

Esta peza cerámica, con deseño clásico e atemporal, que nunca pasa de moda, está así mesmo elaborada artesanalmente en Galicia. O pack de cerámica e marmeladas está dispoñible na nosa tenda en liña.

Xoguete para moldear con plastilina

Os teus nenos son amantes das galiñas? Entón encantaralles este xoguete, co que poderán amasar plastilina e facer que lle crezan as plumas. Atoparás esta galiña con plumas divertidas aquí.

Bolsa de tea con galiña

Ideal para baixar á praia, á piscina ou simplemente para ir á compra. Sostible (admite unha reutilización case infinita) e moi cómoda, elaborada con suave algodón 100%. Un agasallo moi alcanzable e práctico. Non te quedes sen a túa bolsa de tea coa galiña de Pazo de Vilane!

Camisetas con galiña de Pazo de Vilane

Nosas camisetas de edición especial non están á venda, pero sorteámolas con frecuencia nos moitos e variados concursos que organizamos en redes sociais. Síguenos en Instagram e Facebook e poderás facerte cunha de elas!

As nosas camisetas, elaboradas por Farrapos e Contos con algodón orgánico peiteado, son moi especiais porque na súa fabricación seguíronse criterios de comercio xusto e serigrafía ecolóxica. O seu deseño é unha revisión en formato cómic da galiña que aparece nas nosas caixas, creada en 1997 polo estudo de deseño gráfico Grupo Revisión, con Pepe Barro ao mando.

Galiña suxeitaportas

Esta galiña suxeitaportas de tea branca e vermella rechea de area impedirá as portadas en días ventosos. Ideal, a que si?

Galiñeiro de madeira para tres galiñas

Se dispós de xardín e xa che decidiches a criar galiñas, aquí tes este galiñeiro de madeira cun deseño nórdico e moi vistoso. Nel poderás resgardar ás túas mozas polas noites para que descansen e poñan ovos de madrugada.

Comedeiro para galiñas

Os paxaros cómense os cereais das túas mozas? Faite con este comedeiro para galiñas e verás como deixas atrás ese problema, porque o alimento só cae na moega se se levanta a tapa. Ah, e non teñas medo de que non saiban que facer: as túas galiñas son tan listas que aprenderán rapidamente este truco.

Como ves, non é difícil atopar ese detalle ideal nesta selección de agasallos para amantes das galiñas que elaboramos para ti. Escolle o máis adecuado para esa persoa que queres ou permítete un “ caprichiño” en forma de galiña. Porque ti o vales!

Interesouche esta noticia? Subscríbete ao noso boletín e recibirás un libro dixital gratuíto!

Subscríbete ao noso boletín
Mantente informado de todo o que acontece no Pazo de Vilane e goza das nosas actividades, sorteos, premios...
Información básica 1ª CAPA sobre Protección de Datos: Responsable: Pazo de Vilane | Finalidade: Contestar ás solicitudes de información do interesado, establecemento ou mantemento de Relacións Comerciais e posiblemente para o envío de publicidade. | Lexitimación: Consentimento do interesado e interese lexítimo no desenvolvemento da relación comercial | Destinatarios: Non se cede a información | Dereitos: Acceso, rectificación, supresión, limitación, oposición e portabilidade | Información adicional: Política de privacidade