Galiñas en liberdade
As galiñas son a razón de ser de Pazo de Vilane. O seu benestar depende directamente das súas condicións de vida. Defendemos a cría en liberdade porque é a forma en que as aves viven de acordo cos seus ritmos e a súa natureza.
Desta forma as aves deben comer libremente, xa que elas mesmas regúlanse, incorporando os nutrientes que presisan para o seu benestar. A actividade e o cambio de temperatura fai que o seu apetito aumente o que dá lugar a que se alimenten mellor e por tanto poñan mellor. O exercicio e a vitamina D que lles achega o sol, fortalecen os seus ósos. Unha galiña ben nutrida desenvolve de forma natural toda a súa capacidade de posta e contribuirá a que os seus ovos teñan un tamaño adecuado. A liberdade axuda a que todo o organismo da galiña funcione mellor e viva de forma máis saudable.
Galiñas felices e sas en Pazo de Vilane
O pastoreo das galiñas favorece que crezan máis felices e máis sas. E o que é mellor, a inxesta de herbas achega ás galiñas nutrientes, fibras e aminoácidos que acaban incorporadas ao ovo campeiro, polo que é fácil apreciar neles unha maior consistencia, un aroma máis intenso e un sabor característico.
Ademais de estar pendentes de que saian cada día ao aire libre, ocupámonos de que a calidade dos cereais que as alimentan sexa a máis alta do mercado. Tamén do mantemento dos poñedoiros e do ambiente dos galiñeiros para que os animais estean cómodos e nas mellores condicións posibles. A experiencia destes anos proporcionounos os coñecementos para saber o que é mellor para as nosas galiñas.