Descubrindo ás galiñas: Lohman

Como xa sabes, encántanos compartir os nosos coñecementos de galiñas e descubrir razas novas e curiosas, por iso cada mes presentámosche unha nova. O mes pasado, por exemplo, falámosche da galiña Sebright , unha raza preciosa cunha plumaxe que capta a atención. 

Nesta ocasión queremos coñecer un pouco máis ás razas que viven en Pazo de Vilane. Xa che presentamos a unha delas, a galiña Isa Brown , que corretea en liberdade polas nosas leiras e enche de cor avermellada os pastos verdes. Pero non o fai soa, a galiña Lohman tamén goza durante todo o ano de pastos frescos e tenros, trátase doutra raza que vive en liberdade en Pazo de Vilane e hoxe ímos a dar máis detalles sobre ela. 

Galiña poñedeira

Lohman é unha galiña poñedeira, como che explicamos no noso post de razas de galiñas , as galiñas pódense distinguir entre a pura raza e a raza cruzada. A primeira, son todas as que teñen un patrón fixado e transmíteno a seguintes xeracións, sendo os fillos idénticos aos pais, como son as galiñas autóctonas. E as cruzadas son as que nacen do cruzado doutras razas xa existentes. Así nacen as galiñas poñedeiras e as galiñas campeiras, como nosa Isa  Brown ou a Lohman. 

O seu país de orixe é Alemaña e é das variedades de poñedeiras máis utilizadas en distintos países europeos polos seus ovos grandes e que se poden criar facilmente. Outro punto forte da nosa galiña é a súa gran capacidade para adaptarse a calquera tipo de clima, goza tanto do inverno galego como do seu verán. Tamén destaca a súa resistencia a calquera tipo de axente patóxeno, enfrontándose sen dificultade a calquera virus ou bacteria. Ou sexa, que a esta pita é moi difícil vela cun arrefriado. 

Sen dúbida, trátase dunha galiña moi completa e fácil de criar, posúe un comportamento dócil e tranquilo. Ademais, adáptase a calquera tipo de crianza. Sen dúbida, trátase dunha galiña moi querida.

Características da galiña  Lohman

É unha gran poñedeira de ovos, de feito, ten unha produción que vai de 320 a 325 ovos anuais. Case a ovo por día! Tamén destaca os seus ovos de gran tamaño, de excelente casca e  pigmentación, unha cor marrón intensa que chegan a pesar entre 64 e 72 gramos.

A cor da súa plumaxe é avermellado ou marrón, a maioría teñen plumas brancas ao redor do pescozo e na punta da cola. Existen algúns exemplares que teñen tons máis escuros. Mesmo existen outras variedades desta raza de cores brancas, beige e negro. Póñense chocas facilmente e adáptanse rapidamente a calquera tipo de crianza. Nosa querida Lohman é unha raza moi curiosa e dócil.  

Lohman en Pazo de Vilane

En Pazo de Vilane non fabricamos ovos, coidamos galiñas. Concretamente, desde que teñen un día de vida, implicándonos no proceso de crecemento de cada unha delas. As nosas pitas de raza Lohman pasean en liberdade e gozan dos nosos verdes pastos todo o ano!

O noso privilexio? O clima atlántico que temos en Galicia. O pastoreo concede ás nosas galiñas crecer felices e sas. A inxesta de herba achega á nosa galiñas fibras, nutriente e  aminoácidos. Xa imaxinades o resultado, un ovo campeiro cunha maior consistencia, aroma intenso e un sabor característico. 

Pero a excelencia dos ovos das nosas galiñas non só vén da súa alimentación, tamén inflúe unha atención coidadosa por cada unha das persoas que formamos Pazo de Vilane e que nos preocupamos polo benestar das nosas galiñas Lohman e Isa Brown. 

Lembra que podes conseguir os nosos ovos nas principais cadeas de distribución https://pazodevilane.com/gl/tendas/ .