Torta Sacher

É dicir o seu nome e éntranos fame. Coñece a mellor forma de preparar a torta Sacher en casa.

60 minutos 6 comensales

Unha torta de chocolate, rechea de chocolate e marmelada e cuberta de chocolate. Unha delicia! Perfecta para os amantes do chocolate.

Receta tarta sacher de Pazo de Vilane

Ingredientes

  • 6 ovos de Pazo de Vilane
  • 100 gr de manteiga
  • 100 gr de améndoas peladas
  • 100 gr de azucre glas
  • 100 gr de azucre
  • 65 gr de cacao puro en po
  • 100 gr de fariña
  • 10 gr de fermento
  • 300 gr marmelada de albaricoque
  • 100 ml de nata para montar (Para a cobertura)
  • 130 gr de chocolate para fundir (Para a cobertura)
  • 20 gramos de manteiga (Para a cobertura)
  • 3 culleradas sopeiras de auga (Para a cobertura)

Elaboración

  1. Comezamos preparando o biscoito. O primeiro será tostar as améndoas a lume lento nun tixola uns 5 minutos.
  2. Unha vez tostadas as améndoas, trituramos ata que se fagan po e reservámolas.
  3. Prequenta o forno a 170º C mentres preparamos o biscoito. Nun cunco comezamos mesturando a manteiga e o azucre.
  4. Separa as xemas das claras. Pon as claras nun cunco grande e o azucre glas e mestura ao punto de neve.
  5. Engadimos as xemas e as améndoas en po e seguimos batendo. Continuamos engadindo o cacao en po.
  6. Engadimos ao cunco as claras montadas e mesturando con movementos envolventes. Agregamos a fariña tamizada e o fermento.
  7. Untamos o molde con manteiga e fariña. Vertemos a mestura e deixámolo repousar 10 minutos. Enfornamos a 180º durante 35 minutos.
  8. Mentres deixamos arrefriar o biscoito, poñémonos coa cobertura. Nunha cacerola poñemos a nata, o chocolate e a manteiga. Que se derreta por completo. Agregamos as culleradas de auga e seguimos mesturando.
  9. Abrimos pola metade o biscoito e enchémolo de marmelada de albaricoque, poñemos unha capa de marmelada fina ou grosa, iso depende do gusto de cada un. Pechamos e cubrimos coa cobertura de chocolate.