Madalenas

Descubrímosche como elaborar unhas deliciosas madalenas caseiras. Deixarás a todos coa boca aberta!

20 minutos 6 comensales

Unha receita sinxela que nos levará pouco tempo na cociña. En media hora, poderemos facer unha deliciosa enfornada. Fai as túas madalenas deliciosas con esta receita. Fáisenos a boca auga só de imaxinalas.

 

Recetas magdalenas de Pazo ed VIlane

Ingredientes

  • 3 ovos de Pazo de Vilane
  • 200 gr de fariña de repostería
  • 125 gr de azucre branco
  • 50 ml. de leite enteiro
  • 100 ml de aceite de oliva extra virxe suave
  • ½ sobre de fermento
  • Moldes de silicona para madalenas e moldes de papel rizado para madalenas
  • Un chisco de sal

Elaboración

  1. Nun cunco grande batemos os ovos. Engadimos aos poucos o azucre mentres seguimos batendo e mesturando.
  2. Vertemos amodo o aceite e ímolo mesturando co resto de ingredientes. Facemos o mesmo co leite, daquela a fariña, un chisco de sal e fermento. Cando estea mesturado metémolo na neveira para arrefriar.
  3. Colocamos os moldes de silicona sobre a bandexa do forno e metemos os moldes de papel rizado.
  4. Dámoslle unha última batida á mestura e vertemos nos moldes.
  5. Enfornamos 15 minutos a 200º C. Comprobamos que están douradiñas.
  6. Deixamos repousar dentro dos moldes de silicona, para que asente ben a masa.