Filloas galegas

Mmmm filloas! Un das sobremesas máis tradicionais que se fan en Galicia. Hai quen as compara coas crepes pero son aínda mellores.

30 minutos 6 comensales

As filloas son un das sobremesas máis tradicionais de Galicia. Consómense especialmente en época de Entroido pero a sinxeleza para facelas e o seu parecido cos crepes conseguiu que se fagan durante todo o ano. En Pazo de Vilane temos a receita tradicional que pasou de xeración en xeración.Ten en conta que a primeira filloa adoita non saír ben nunca, ata que a tixola toma a temperatura adecuada. Non te preocupes, é o momento ideal para que probes o sabor con esa filloa galega un pouco máis fea pero igual de rica.

filloas gallegas pazo

Ingredientes

  • 4 ovos Pazo de Vilane a temperatura ambiente
  • 750 ml de leite enteira
  • 100 gr de fariña de repostería
  • Unha pizca de sal mariña fina
  • 75 gr de toucino blanco curado (non afumado) ou manteiga

Elaboración

  1. Poñemos os ovos no cunco co leite e o sal. Batemos a man con baleas ou con brazo eléctrico sen levantar escuma e engadindo a fariña aos poucos; a masa obtida debe ter consistencia bastante líquida. Deixar repousar 15 minutos na neveira.
  2. Quentamos a tixola a lume medio-baixo e engraxamos rápida e lixeiramente, pasando o taco de touciño picado nun garfo ou o taco de manteiga. Engadimos de golpe un pouco de masa no centro e movemos a tixola para repartila uniformemente.
  3. Retiramos rapidamente a masa sobrante envorcando a tixola lateralmente sobre o cunco de masa (retirar cunha culler a masa pegada no bordo). Deixar a lume baixo ata que calle soa a filloa sen que tome apenas cor.
  4. Cando comecen a despegarse os bordos das paredes, retiramos cos dedos de ámbalas mans e poñemos sobre un prato. Repetir a operación ata terminar coa masa e reservar unha sobre outra e tapadas con papel filme.
  5. Servimos espolvoreadas de azucre, recheas de crema pasteleira, flameadas con augardente, ou a nosa suxerencia: con marmelada artesanal de Pazo de Vilane.