Biscoito de iogur

Fácil, rápido e delicioso. A receita desta biscoito de iogur conquistara a todos desde o primeiro momento.

45 minutos 6 comensales

Probablemente una das receitas de biscoito máis fáciles que hai. Podes usar esta receita mesmo para facer tortas que necesitan unha base de biscoito. E se lle engades un pouco de  de limón, verás que sabor máis delicioso!

 

Receta bizcocho de yogur de Pazo de Vilane

Ingredientes

  • 1 iogur natural ou de limón
  • 3 ovos de Pazo de Vilane
  • Fariña (3 medidas de iogur)
  • Azucre (2 medidas de iogur)
  • Aceite de oliva (1 medida de yogur)
  • 1 sobre de fermento en po
  • Manteiga

Elaboración

  1. Prequenta o forno a 180º durante 10 minutos, o tempo que che levará para elaborar a masa.
  2. Baleira o iogur nun pequeno cunco para poder utilizar o envase como medida das cantidades.
  3. No cunco engade as medidas de azucre, os ovos campeiros e báteos. Engade o aceite e o iogur e segue batendo ata que quede unha masa sen grumos.
  4. Tamiza o fermento e a fariña, permitindo que os ingredientes se engadan sen apelmazar. Segue batendo ata conseguir que todos os ingredientes queden ben mesturados.
  5. Forra o molde con papel vexetal ou unta con manteiga. Verte a masa no molde e colócao a unha altura media. Enfórnao a 180º durante 30 minutos.
  6. Agora toca a proba do escarvadentes. Pica cun escarvadentes o biscoito e se sae sen restos pegados, está listo. Apaga o forno, sácao e déixao repousar uns minutos antes de desmoldarlo.