Biscoito de chocolate

Presentamos a receita definitiva para conseguir o biscoito de chocolate perfecto. Chuparás os dedos!

40 minutos 6 comensales

Uno das sobremesas máis clásicas. Fácil de facer, se te vas a iniciar no mundo da repostería, esta é a mellor receita para comezar. O resultado será un biscoito moi  esponxoso do que non quedarán nin as faragullas.

Receta bizcocho de chocolate de Pazo de Vilane

Ingredientes

  • 3 ovos de Pazo de Vilane
  • 1 iogur natural
  • Fariña (2 medidas de iogur)
  • Cacao en po (1 medida de iogur)
  • Azucre (2 medidas de iogur)
  • Aceite de oliva (1 medida de iogur)
  • 1 sobre de fermento
  • Manteiga

Elaboración

  1. Baleira o iogur nun cunco para usar o envase como medidor. Prequenta o forno a 180º durante os 10 minutos que che vai a levar facer a mestura.
  2. Nun cunco engade os ovos e o azucre e báteos. Engade o aceite e o iogur, segue batendo ata que quede unha mestura sen grumos.
  3. Engade o fermento e fariña tamizados cun colador. Mesturámolos todo ata que quede unha masa sen grumos.
  4. Engade o cacao e mestura ben. Verás que torna a unha cor moi escura.
  5. Unta o molde con manteiga e verte a masa. Colócao no forno, a altura media. Mantén unha temperatura de 180 º durante uns 30 minutos.
  6. Agora toca a proba do escarvadentes. Pica cun escarvadentes o biscoito e se sae sen restos pegados que está listo. Apaga o forno, sácao e déixao repousar uns minutos antes de desmoldar.
  7. Podes engadir laranxa relada á mestura ou acompañalo de anaquiños de chocolate branco