Bandullo

Descobre con Pazo de Vilane a receita do bandullo, unha sobremesa típica galega que se caracteriza polo seu sabor e a súa sinxeleza. Non o perdas!

60 minutos 8 comensales

O bandullo é unha sobremesa tradicional galega que corre perigo de extinción. Trátase dun pudin ou flan de delicadísima textura con pasas e froitos secos (piñóns, noces…) cuxa receita foi pasando en Pazo de Vilane -durante séculos- de xeración en xeración.

Como o bandullo está riquísimo, é san, e aínda por riba é barato (hoxe día enmarcariámolo na “cociña de aproveitamento” ou “de guerrilla”), no Pazo estamos moi dispostos a defendelo contra vento e marea e revalorizalo, para que volva ser o protagonista das sobremesas en días de festa. Úneste á nosa cruzada?

Bandullo, postre tradicional gallego navideño
Din que os bos recordos acoden á memoria á calor dos gratos cheiros. E debe ser certo, porque sempre que percibimos o doce aroma do bandullo enfornándose en Pazo de Vilane comezamos a rememorar días de festas, familia e risas da nosa infancia. E é que as nosas avoas –contan que mesmo as nosas bisavoas- adoitaban facer esta sobremesa (que lembra algo aos pudins ingleses) en datas sinaladas do nadal ou do entroido (o entroido galego). Naturalmente, usábanse os ovos "de casa", de campo, moitas veces recollidos o mesmo día. Niso, é certo, pouco cambiamos. O bandullo era unha receita de galegas sabias, desas que (con moi pouco) sabían sacar partido aos alimentos que tiñan por casa e lucirse na mesa. Ou sexa, xusto o que necesitamos hoxe día (nestes tempos complicados): unha sobremesa que rende se sodes moitos, e que se elabora con ingredientes naturais e moi alcanzables. Por certo, recentemente o programa Fun polo Aire, da (TVG) veu visitarnos para interesarse polos nosos ovos campeiros e a nosa receita familiar de bandullo. Begoña, a nosa querida cociñeira, elaborou nun momento o doce, mentres Nuria explicaba aos televidentes as raíces e orixes do bandullo na familia Varela-Portas, ligada a Pazo de Vilane desde o XVIII. Apuntamos tódolos ingredientes e os pasos máis abaixo. Ou, se o prefires, podes a seguir a Begoña neste vídeo. Xa nos contarás como che queda...  

Ingredientes

  • 500 ml de leite entera
  • Media barra de pan en migas miúdas (mellor reseso)
  • 100 gramos de pasas
  • 1 puñado de piñóns
  • Raiadura de limón
  • 2 culleradas de manteiga
  • 6 culleradas de azucre
  • 6 ovos

Elaboración

  1. Pon o pan en remollo no leite.
  2. Engade tódolos ingredientes, menos os ovos e a manteiga á mestura.
  3. Derrete a manteiga e engádea.
  4. Bate os ovos e incorpóraos. Mestura todo cunha culler de madeira.
  5. Unta un molde con manteiga e espolvorea con fariña.
  6. Coloca un papel de forno no fondo e bota a mezcla.
  7. Introduce o molde no forno ao baño María (calor arriba e abaixo) a 180º, uns 45 minutos (dende que ferva a agua).
  8. Retira do forno cando ao pinchar o bandullo coa punta do coitelo salga limpia.
  9. Deixa arrefriar completamente antes de desmoldar.
Subscríbete ao noso boletín
Mantente informado de todo o que acontece no Pazo de Vilane e goza das nosas actividades, sorteos, premios...
Información básica 1ª CAPA sobre Protección de Datos: Responsable: Pazo de Vilane | Finalidade: Contestar ás solicitudes de información do interesado, establecemento ou mantemento de Relacións Comerciais e posiblemente para o envío de publicidade. | Lexitimación: Consentimento do interesado e interese lexítimo no desenvolvemento da relación comercial | Destinatarios: Non se cede a información | Dereitos: Acceso, rectificación, supresión, limitación, oposición e portabilidade | Información adicional: Política de privacidade