Ovos cocotte con tomate

¿Buscas unha receita saudable e sinxela que non engorde? Cos ovos cocotte con tomate tes un xeito ideal e delicioso de completar a túa comida

30 minutos 4 comensales

¿Buscas unha receita sá, sinxela e que non engorde nada? Servímosta en bandexa: ovos cocotte en tomate. Unha forma ideal e sabrosísima de completar a túa comida-a modo de segundo prato -ou un perfecto prato único para a cea.

Recomendámoste que non perdas de vista esta forma de preparar os ovos, en cocotte ou ao forno, porque é moi saudable, moi sinxela , rápida… E perfecta para días perezosos, porque con iste xeito de cociñar ovos non manchas nada na cociña. ¡Todo son ventaxas¡.

Ovos cocotte en tomate

Ventaxas dos ovos cocotte en tomate

  • Son unhas das maneiras máis ricas e pouco calóricas de cociñar un ovo, porque non lle engades ningunha graxa.
  • Sairache un prato saciante e boísimo, que non parece “de dieta” senón de restaurante con estrela Michelín.
  • Se escolles unhas cuncas vistosas, cos ovos cocotte en tomate podes solucionar orixinalmente o entrante e o primeiro prato dunha cea con invitados.
  • Como te dicíamos, con iste xeito de cociñar o ovo non manchas a cociña...¡Nin siquera o forno¡
  • Os ovos cocotte son súper versátiles: cadran ben con case calquer ingrediente. Son ideais para practicar a “cociña de aproveitamento” ou “de sobras” e inventar as túas propias receitas. Podes probar esta mesma receita con pimentos vermellos en lugar de tomates.
 

Ingredientes

  • 4 tomates grandes
  • 4 liscos de xamón de York ou pavo
  • 4 ovos camperos Pazo de Vilane
  • 100g queixo relado
  • Sal
  • Pimenta
  • Perexil, coandro ou herbas frescas

Elaboración

  1. Quece o forno a 180º.
  2. Lava os tomates e córtalles a tapa superior.
  3. Vacíaos cunha culler pequena con coidado, bota unha pizca de sal dentro e ponos boca abaixo uns minutos. (para que expulsen o exceso de auga).
  4. Corta a carne do tomate en pedaciños pequenos e reserva parte (o resto podes aproveitalo para outra receita).
  5. Corta os liscos de xamón de York ou pavo en tiriñas e coloca un montonciño no fondo de cada tomate mesturado cun pouco de carne de tomate que extraeras.
  6. Casca os 4 ovos e deposita un no interior de cada tomate. Faio con coidado para que non se rompen as xemas.
  7. Espolvorea cada tomate (sobre todo por dentro ) con queixo relado. Salpimenta por dentro e por fora.
  8. Forra a bandexa do forno co papel de aluminio, coloca os 4 tomates encima e mete no forno a 180º durante 25 minutos, aproximadamente.
  9. Cando retires os tomates, espolvorea con herbas frescas ao teu gusto (perexil, coandro, ...).
Subscríbete ao noso boletín
Mantente informado de todo o que acontece no Pazo de Vilane e goza das nosas actividades, sorteos, premios...
Información básica 1ª CAPA sobre Protección de Datos: Responsable: Pazo de Vilane | Finalidade: Contestar ás solicitudes de información do interesado, establecemento ou mantemento de Relacións Comerciais e posiblemente para o envío de publicidade. | Lexitimación: Consentimento do interesado e interese lexítimo no desenvolvemento da relación comercial | Destinatarios: Non se cede a información | Dereitos: Acceso, rectificación, supresión, limitación, oposición e portabilidade | Información adicional: Política de privacidade