Tostas de ovos camperos escalfados con ourizos

Traémosche unha receita onde os ourizos e os ovos camperos, combinan de marabilla para que goces dunha tosta espectacular. E moi fácil de preparar.

15 minutos 4 comensales

Entre xaneiro e marzo é tempada de ourizos de mar, por iso deixamos voar a imaxinación ata dar con esta receita única e que, ademáis, é unha pura delicia: tostas de ourizo con ovos camperos escalfados. 

Poderían estar na carta de calquera restaurante Michelin, pero teralas na túa mesa (para quedar como un chef top) en canto lle dediques 15 minutos. Garantido: o teu público caerá rendido cando as proben. 

Ingredientes

  • 4 ovos camperos Pazo de Vilane.
  • 4 rebanadas de pan de masa nai.
  • 4 ourizos de mar frescos (poden ser de lata).
  • 20-30 gr. de manteiga.

Elaboración

  1. Tosta as rebanadas de pan.
  2. Mentres, pon auga a ferver para preparar os ovos camperos escalfados. Podes botarlle un chorriño de vinagre (opcional).
  3. Abre os ourizos, ve extraendo a carne e apártaa.
  4. Unta as tostas de pan cunha fina capa de manteiga de calidade.
  5. Cando ferva a auga, forma un remuíño coa axuda dun cullerón. Remove de cando en vez para manter a inercia.
  6. Casca os ovos nun recipiente, e bótaos sobre o remuíño, dun e nun, e con coidado.
  7. Ve empratando as tostas; unha ou dúas por comensal. Coloca un ovo (ben escorrido) e unhas xemas de carne de ourizo por encima. Non é necesario salgar.
  8. Serve as tostas cos ovos camperos aínda tépedos.
Subscríbete ao noso boletín
Mantente informado de todo o que acontece no Pazo de Vilane e goza das nosas actividades, sorteos, premios...
Información básica 1ª CAPA sobre Protección de Datos: Responsable: Pazo de Vilane | Finalidade: Contestar ás solicitudes de información do interesado, establecemento ou mantemento de Relacións Comerciais e posiblemente para o envío de publicidade. | Lexitimación: Consentimento do interesado e interese lexítimo no desenvolvemento da relación comercial | Destinatarios: Non se cede a información | Dereitos: Acceso, rectificación, supresión, limitación, oposición e portabilidade | Información adicional: Política de privacidade