Tortilla de cabaciña e cebola

¿Queres coidarte sen renunciar ao pracer para comer? Proba esta tortilla de cabaciña e cebola, un deses pratos apañadiños que reúnen as tres “ Bs”: bo, bonito e barato.

30 minutos 4 comensales

Esta tortilla é boa –é dicir, é fácil, exquisita e saudable- porque está chea de nutrintes esenciais. Ten en conta que unha cabaciña grande só ten 48 calorías, pero está repleto de ácido fólico, potasio, ferro e manganeso.

As cebolas, pola súa banda, son ricas en fibra, ademáis de bactericidas, dixestivas e depurativas. E en canto aos ovos camperos… Téñeno todo! O valor nutricional dos ovos camperos é moi alto: achégante todos os grandes grupos de nutrintes (vitaminas, minerais, aminoácidos, antioxidantes…) e aínda por riba están riquísimos.

Seguimos? Esta tortilla de cabaciña e cebola é bonita porque conta cun colorido espectacular: o amarelo tostado en pleno contraste co verde intenso da cabaciña. E é que xa sabes que a boa comida debe entrar polos ollos. Por último, é barata porque se fai con poucos ingredientes ao alcance de calquera e dispoñibles todo o ano en calquera mercado (aínda que as verduras, na primavera e verán, saberán moito mellor). 

Anímate e explora todo un mundo –o das tortillas de verduras- coa nosa tortilla de cabaciña e cebola!

Os nosos trucos para facer unha tortilla de cabaciña e cebola de campionato 

  • Usa só ingredientes de primeira: uns bos ovos camperos de galiñas criadas en liberdade –que picotean en pastos frescos a diario- dan un sabor incomparable á tortilla de cabaciña e cebola.
  • É importante que a cebola sexa moi fresca para que teña un sabor doce e fragante.
  • En canto á cabaciña, o ideal é que sexa de tempada. En calquera caso, elíxea coa pel tersa, de consistencia firme e que non teña pebidas grandes.
  • Se non che importa atopar anacos algo máis cruxientes, podes incorporar a pel da cabaciña: terás máis fibra, minerais e vitaminas.
  • Á hora de callar a tortilla, non escatimes no número de ovos se a prefires ben zumarenta.
  • Outra alternativa a esta receita é elaborar no forno, nun molde rectangular, a 180º e 15-20 min, un pastel de cabaciña e cebola. Segue todos os nosos pasos, pero omite o callado en tixola. 

Ingredientes

  • 6-7 ovos camperos Pazo de Vilane
  • 1 cebola grande (mellor si é dulce)
  • 2 cabaciñas grandes
  • Sal
  • 200 gr. de aceite de oliva 0,4

Elaboración

  1. Pela e pica a cebola en pequenos anacos.
  2. Pona a pochar a lume lento cun chorrito de aceite de oliva.
  3. Mentres, parte as cabaciñas, sen pel, en anacos.
  4. Incorpora as cabaciñas á cebola. Engade sal.
  5. Deixa sofreír ata que a verdura estea blandita e transparente.
  6. Sobe o lume para que se evapore a auga da cabaciña.
  7. Ve batendo os ovos nun cunco grande. Engade sal.
  8. Engade os ovos batidos á tixola e mestura ben.
  9. Calla a tortilla ao teu gusto.
Subscríbete ao noso boletín
Mantente informado de todo o que acontece no Pazo de Vilane e goza das nosas actividades, sorteos, premios...
Información básica 1ª CAPA sobre Protección de Datos: Responsable: Pazo de Vilane | Finalidade: Contestar ás solicitudes de información do interesado, establecemento ou mantemento de Relacións Comerciais e posiblemente para o envío de publicidade. | Lexitimación: Consentimento do interesado e interese lexítimo no desenvolvemento da relación comercial | Destinatarios: Non se cede a información | Dereitos: Acceso, rectificación, supresión, limitación, oposición e portabilidade | Información adicional: Política de privacidade