Ovos benedictinos

O delicioso almorzo cheo de proteínas que che recarga enerxía ao cerebro.

15 minutos 4 comensales

É o almorzo delicioso cheo de proteínas saudables (as do ovo campero) que recarga de enerxía o teu cerebro. Tómate uns ovos benedictinos pola mañá-con calma, gozando dese momento sen presas, ainda que teñas que madrugar un pouco máis, e verás como afrontas o día doutra maneira.

¿Sabías que o ovo campero contén vitaminas como a B5, B7 ou a B2, fundamentais para o bo funcionamento da túa mente? ¿Ou que tamén é rico en magnesio e ácidos Omega 3, necesarios para un bo funcionamento do sistema nervioso cental?

Ademáis grazas ao triptófano e á tirosina (ambos, antioxidantes) do ovo campero, notarás cómo se reduce a túa ansiedade. Igualmente, a luteína do ovo axudarache a desenvolver mellor a función cognitiva, é dicir, o teu pensamento será máis lúcido. ¡Todo son beneficios para a túa mente¡.

¿Hai unha maneira máis pracenteira e eficaz de afrontar unha xornada?

 

 

Trucos para preparar uns ovos benedictinos nun momento

  • Pon a tostar o pan mentras preparas os ovos poché ou ovos escalfados; gañarás tempo.
  • Podes deixar o aguacate listo a noite anterior, pero non olvides deixar o óso dentro dun cunco : impedirá que se oxide e conservará o seu bonito cor verde.
  • Podes sustituir os liscos de bacon por outras de xamón, pavo ou lacón. Non esquezas marcalas na tixola.
  • Apuntámosche a receita da salsa holandesa, pero tamén podes tomar os ovos benedictinos sós. Achegaranche menos calorías.
 

Ingredientes

  • Para as tostas:
  • 4 ovos camperos Pazo de Vilane
  • 8 liscos de bacon, lacón, pavo ou xamón york.
  • 4 rodaxas de pan artesanal.
  • 1 aguacate
  • 3-4 gotas de tabasco
  • 1 chorriño de limón
  • Sal
  • Para a salsa holandesa:
  • 2 xemas de ovo
  • 250 g. de manteiga
  • Sal e pementa ó gusto
  • 3 culleradas de zume de limón
  • 1 cullerada sopeira de auga fría
  • 2 culleradas sopeiras de viño branco

Elaboración

  1. Elaboración da salsa: Pon 300 gr de manteiga nun cazo e quéntaa a lume mínimo. Espera uns 15 minutos e verás que a graxa se separa do soro. Cunha culler recupera a grasa e reserva.
  2. Noutro cazo, mestura a auga co viño e coce, ata que o alcol se evapore. Deixa arrefriar nun cunco.
  3. Separa as dúas xemas das súas claras e engádeas ó bol cunha mezcla de viño e auga. Pon ó baño maría a lume suave, e bate de forma suave pero constante, ata conseguir unha crema espumosa (co dobre de volumen).
  4. Agora, engade nun chorriño a graxa da manteiga, sen deixar de bater, para se emulsione, coma se fora unha maionesa.
  5. Cando teña esa textura untuosa, engade as culleradas do zume de limón con movementos envolventes, para que non se corte.
  6. Engade sal e pementa e sírvea no momento quente, pois non se pode requecer.
  7. Elaboración da tosta: Para preparar os ovos escalfados ou ovos poché, casca cada ovo sobre unha cunca que antes deberás forrar de plástico ou film de cociña. Pecha ben e forma un paquetiño (ben cun cordel, ou ben facendo un nó).
  8. Pon auga a quecer nunha pota. Sen chegar a ferver, mete os paquetiños cos ovos. A auga debe estar moi quente, pero non deixes que ferva en ningún momento.
  9. Espera a que cualle, de 4 a 6 minutos, según o gusto.
  10. Mentras, nunha tixola, vai facendo os liscos de bacon ou lacón.
  11. Pela o aguacate, e machaca a pulpa nun cunco. Engade unhas gotiñas de tabasco e o zume de limón.
  12. Corta o pan e tóstao. Monta as tostas. Úntaas co aguacate, despois o bacon e por último os ovos escalfados e a salsa holandesa.
Subscríbete ao noso boletín
Mantente informado de todo o que acontece no Pazo de Vilane e goza das nosas actividades, sorteos, premios...
Información básica 1ª CAPA sobre Protección de Datos: Responsable: Pazo de Vilane | Finalidade: Contestar ás solicitudes de información do interesado, establecemento ou mantemento de Relacións Comerciais e posiblemente para o envío de publicidade. | Lexitimación: Consentimento do interesado e interese lexítimo no desenvolvemento da relación comercial | Destinatarios: Non se cede a información | Dereitos: Acceso, rectificación, supresión, limitación, oposición e portabilidade | Información adicional: Política de privacidade