Centola con ovo campero

Se buscas a receita perfecta para unha festa, esta centola rechea de ovo de curral é o prato que buscas. Un prato sinxelo e delicioso!

20 minutos 4 comensales

Un imprescindible en comidas ou ceas festivas. Parécenos perfecto como prato principal para un día de celebración: un aniversario, un reencontro…. Ou simplemente un sábado de luxo na casa, cos que máis queres. Non fai falla grandes ocasións, só gozar desas pequenas cousas que te da a vida. Esta centola con ovo campero ben merece comensais vestidos de gala.

Centollo con huevo campero Pazo de Vilane

Truco Pazo de Vilane: É unha receta fácil e rica, que poderás preparar con antelación para que che dea tempo a arreglarte e servirte un vaso de viño. Recomendámosche acompañalo de rebanadas de pan brioche tostado; moito mellor se é casero.

Un apuntamento: As froitas encurtidas (en vinagre) podrás encontralas en tendas especializadas ou ben facelas fácilmente na casa. É un método ideal de conservación cando te sobra moita froita ou verdura de verán e queres disfrutala durante todo o ano.

Propiedades nutricionais da centola

  • A centola non só é un dos produtos do mar máis ricos, tamén é un dos máis saudables.
  • Sabías que contén 1,30 mg de ferro, 20 g de proteína e 29 mg. calcio? Ademais, é moi rico en vitaminas (case todas do grupo B, ás que se unen C, D, E e K).
  • Pero o que realmente destaca é a achega de minerais: iodo, cinc, fósforo ...
  • Imaxinas o valor nutricional deste prato se engades as propiedades da centola ás dos nosos ovos campeiros?

Ingredientes

  • Unha centola (a carne da femia é máis sabrosa).
  • Un ovo campero fresco Pazo de Vilane
  • Pan brioche
  • Amorodos, uvas ou cereixas encurtidas
  • Viño manzanilla

Elaboración

  1. Abre a centola e extrae con coidado toda a carne do seu interior. Retira as teas, membranas , e cascas interiores ou partes duras. Deposita toda a carne nun bol e reserva a cabeza.
  2. Pica a carne finamente (cun coitelo ben afiado) e engade un chorriño de viño Manzanilla.
  3. No fondo da cabeza da centola, dispón unhas culleradas da froita encurtida que prefiras: amorodos, uvas, cereixas, … ata cubrir o fondo.
  4. Engade a carne aderezada.
  5. Xusto cando vaias a servir o prato, frite en aceite moi quente un ovo frito de Pazo de Vilane e colócao encima.
  6. Serve cuns toros de pan brioche tostado, para que cada comensal, axudado dunha culler, sírvase a súa propia tosta.
  7. Augurámosche o maior dos éxitos cando o ovo rompa e a xema caia, melosa, sobre o resto dos ingredientes.