Mousse de iogur e marmelada de tomate

Presentámosche un entrante do concurso co que espertarás admiración: mousse de iogur e mermelada de tomate

90 minutos 4 comensales

Podes levar esta receita á mesa en porcións individuais, ou ben cuallala nunha bandexa grande e cortala en pequenos trociños antes de servir. Presentes como o presentes..¡ asegurámoste que voará¡

 

A textura desta mousse é lixeirísima e o contraste coa marmelada de tomate e a menta resulta sinxelamente delicioso.

Se non tes tempo ou non te apetece liarte moito na cociña. Podes usar a marmelada artesá de tomate agridulce Pazo de Vilane coa toda tranquilidade. Garantímoste que a cociñamos co mesmo agarimo que porías tí na casa.

.

Mousse de yogur con mermelada de tomate

Cómo elaboramos a nosa marmelada de tomate

  • Cultivamos os nosos tomates na Margada, unha das fincas de Pazo de Vilane. Din os aldeáns que é unha das mellores da zona (e se o din os que saben...).
  • O certo é que está orientada ao sur, ten estanque e pozo e ademáis está rodeada polo río Estanco. As galiñas lles encanta pastar por estas terras.
  • En resume: sol e temperaturas estables, abundante auga e abono orgánico… Imposible conseguir tomates mellores.
  • Facemos as marmeladas cos tomates no seu punto xusto de maduración, cociñandoas a lume lento, seguindo a nosa receita tradicional. Unha vez listas as envasamos ao vacío, sen conservantes nen ningún aditivo.
  • Presentámolas nun estuche de cartón reciclado que no Pazo adoitamos aproveitar para gardar cousas na cociña: velas de aniversarios,  algunha especia, sobreciños de infusións...

Ingredientes

  • 1 placa de biscoito
  • 3 iogures
  • ¼ l nata montada
  • 3 follas de xelatina neutra
  • 200 g marmelada de tomate Pazo de Vilane
  • 4 follas de menta
  • 4 moldes redondos

Elaboración

  1. Corta o biscoito usando cada molde. Deixa o círculo de biscoito como base de cada porción individual, dentro dos moldes.
  2. Se queres facer o biscoito na casa, podes seguir a nosa receita de biscoito de vento e fornealo como plancha na bandexa do forno.
  3. Coloca os moldes sobre unha bandexa que caiba na neveira.
  4. Hidrata as follas de xelatina neutra, quenta lixeiramente nunha pota medio iogur, e engádeas. Remove.
  5. Engade a nata e o resto dos iogures, segue removendo uns minutos e retira do lume.
  6. Cando se arrefríe un pouco, pon a mestura en cada molde.
  7. Lévaos á neveira e déixaos arrefriar unha hora ata que solidifiquen.
  8. Sácaos, unta as superficies con marmelada de tomate, alisa e desmolda con coidado
  9. Decora con follas de menta (enteiras ou picadas).
Subscríbete ao noso boletín
Mantente informado de todo o que acontece no Pazo de Vilane e goza das nosas actividades, sorteos, premios...
Información básica 1ª CAPA sobre Protección de Datos: Responsable: Pazo de Vilane | Finalidade: Contestar ás solicitudes de información do interesado, establecemento ou mantemento de Relacións Comerciais e posiblemente para o envío de publicidade. | Lexitimación: Consentimento do interesado e interese lexítimo no desenvolvemento da relación comercial | Destinatarios: Non se cede a información | Dereitos: Acceso, rectificación, supresión, limitación, oposición e portabilidade | Información adicional: Política de privacidade