A berenxena é unha hortaliza cada vez máis presente nos nosos fogares. Antigamente era máis difícil de conseguir pero hoxe en día podemos atopar berenxenas todo o ano en froitarías e supermercados. Con Pazo de Vilane podes facer unha suculenta receita de berenxenas recheas con verduras e ovo campeiro coas que che chuparás os dedos. Unha alternativa para darlle un toque diferente é engadirlle un pouco de carne picada ou de atún para que esta preparación sexa aínda máis completa.
Ingredientes
- 4 ovos campeiros de Pazo de Vilane
- 2 berenxenas
- 4 champiñóns
- ½ cebolla
- ½ cabaciña
- Queixo relado
- Aceite
- Sal
Elaboración
- Comezamos por meter as berenxenas a escaldar en auga quente. Introducímolas un minuto e logo metémolas nun cunco con auga fría.
- Lavamos e pelamos as verduras e picámolas todas en cuadradiños. Collemos as berenxenas reservadas e partímolas á metade ao longo. Facémoslles uns cortes lonxitudinais para extraer toda a carne e picamos en anaquiños.
- Collemos unha tixola, botamos un chorro de aceite e pochamos todos os ingredientes picados previamente cun pouco de sal ata que queden blandos. Prequentamos o forno a 200 º C mentres tanto.
- Coas verduras no seu punto, poñemos a parte exterior da berenxena nunha bandexa apta para forno e enchémolas.
- Botamos o ovo por encima e repartimos o queixo relado. Introducimos a bandexa no forno 10 minutos e listo!