Ensalada rusa

En Pazo de Vilane temos todos os segredos para que a receita da ensalada rusa quede mellor que a da túa nai.

50 minutos 4 comensales

A ensalada rusa é unha das receitas máis buscadas cando chega a calor. Trátase dunha forma sinxela e práctica para comer verduras e que sempre triunfa na mesa. Sabías que se coñece tamén como ensalada Olivier? Ademais admite gran variedade de ingredientes, polo que podes adaptala en función dos gustos dos comensais. En Pazo de Vilane traémosche a receita clásica da ensalada rusa para que a prepares sempre que queiras na túa casa. Triunfo asegurado!

Receta de Pazo de Vilane, ensaladilla rusa

Ingredientes

  • 2 ovos campeiros de Pazo de Vilane
  • 4 patacas medianas
  • 2 cenorias
  • 2 latas de atún en aceite
  • 1 lata pequena de chícharos (se os tes frescos, un bo puñado)
  • 1 lata de olivas
  • Pementos morróns
  • Maionesa
  • Sal

Elaboración

  1. Poñemos a cocer as patacas e as cenorias durante 25 minutos nunha cazola grande con auga e sal. Pasado este tempo, escorremos a auga e pelamos ambos os ingredientes. Cortamos en cuadradiños.
  2. Nun cazo cocemos os ovos de Pazo 10 minutos. Retiramos e pelámolos.
  3. Nun cunco grande mesturamos os ovos, as patacas e as cenorias. Engadimos os chícharos (escorridos previamente) e o atún en migas.
  4. Picamos as olivas en anaquiños e reservamos unhas cantas.
  5. Engadimos as olivas e a maionesa e revolvemos ben toda a mestura.
  6. Decoramos con anacos de pemento morrón e coas olivas enteiras.