Ensalada campeira

Patacas, ovos, pemento... Esta ensalada campeira leva ingredientes moi nutritivos e saudables. A que esperas para probala?

35 minutos 4 comensales

Aquí tes unha receita de ensalada campeira que te encantará. Variar coas ensaladas que facemos en casa é unha das claves para levar unha dieta sa e equilibrada e con esta rica variedade de ingredientes, tela asegurada. Propoñémos que a fagas para catro comensais pero sempre podes adaptala ás cantidades que necesites. Pensa tamén nos ingredientes que vos gustan; pódese engadir tamén berenxena ou cabaciña para darlle un toque diferente.

Ensalada campera Pazo de Vilane

Ingredientes

  • 3 ovos campeiros de Pazo de Vilane
  • 500 g de patacas
  • 1 ceboliña
  • 1 pemento vermello
  • 1 pemento verde
  • 2 tomates
  • 1 lata de atún
  • Sal
  • Aceite
  • Vinagre

Elaboración

  1. Empezamos por cocer os ovos campeiros durante 10 minutos. Retiramos do lume e pelamos tras este tempo. Cortámolos en anaquiños.
  2. Ao mesmo tempo, poñemos a cocer as patacas xa peladas. Ao cabo de 20-25 minutos picamos para ver se están ben cocidas.
  3. Lava as verduras e pícaas en pedazos non moi pequenos. Podes optar por partir á xuliana tanto o pemento como a ceboliña. Os tomates mellor en anacos máis grandes.
  4. Nunha fonte alongada colocamos as patacas en láminas como fondo. Sobre ela envorcamos o atún, que migamos segundo engadamos, os ovos de Pazo de Vilane e as verduras.
  5. Nun recipiente mesturamos aceite e vinagre cun chisco de sal para facer unha sinxela salsa vinagreta. Removemos e botamos por encima dos ingredientes.