Ensalada de aguacate, salmón afumado e ovo campero

15 minutos 4 comensales

Esta ensalada de aguacate, salmón afumado e ovo campero é un entrante de luxo perfecto para as reunións de verán. Un bo viño branco, o olor da herba húmida e boa conversación son os únicos complementos que necesita.

O mellor é que podes preparala en apenas 10 minutos e con antelación. Déixaa na neveira- co oso do aguacate para que non se oxide a súa carne e sŕvea ben fría.

¿Sabías que o aguacate é outro “super alimento” ao igual que os ovos camperos?

Serve na túa mesa ensalada sempre que podas e non só resolverás con nota unha cea ou o primeiro de calquer comida; tamén reforzarás as defensas de toda a familia.

Todos os beneficios da combinación aguacate e ovos camperos para a túa saúde

  • O aguacate é rico en vitamina E, adorada por todos os dermatólogos. Os ovos camperos tamén son ricos nesa vitamina, por iso supón a mellor das combinacións para a túa pel.
  • Os cardiólogos recomendan inxerir con frecuencia aguacates, pois as súas graxas son saudables e axudan a conservar a saúde cardiovascular. O mesmo ocorre cos ovos camperos.
  • Os médicos recomendan os ovos camperos a deportistas e embarazadas, pola súa aporte de proteínas, vitaminas e ácido fólico. Os aguacates son asimesmo unha fonte importante destos últimos.
  • Tanto aguacates como ovos camperos axudan a regular o sistema nervioso, pois conteñen en abundancia antioxidantes como o triptófano.
  • ¿Sabías que ambos son tamén excelentes para a vista? No caso do ovo, isto é debido á presenza da zeaxantina e vitamina A.

Ingredientes

  • 2 ovos camperos Pazo de Vilane
  • 1 aguacate
  • 120 g de salmón afumado
  • 1 mango
  • 1 bolsa de brotes de ensalada
  • Ceboliño fresco (ao gusto)
  • 2 culleradas de noces peladas
  • 1 culler de kikos xigantes
  • 1 chorriño de vinagre de Módena
  • 1 chorriño de aceite de oliva virxe

Elaboración

  1. Pon a ferver unha pota con auga e engade 2 ovos camperos Pazo de Vilane.
  2. Cando rompa o fervor, coce os ovos entre 6 e 10 minutos (segundo o teu gusto). Transcurrido este tempo, déixaos en auga fría.
  3. Mentres, pela o aguacate e párteo en rodaxas en forma de medias luas. Reserva.
  4. Pela o mango e párteo en trociños. Asimesmo, trocea o ceboliño e garda aparte nun conco.
  5. Separa as lonchas de salmón afumado e córtaas en trociños pequenos cunhas tesoiras.
  6. Nun morteiro, machaca as noces peladas e os kikos de millo.
  7. Pela os ovos cocidos e córtaos en rodaxas, procurando que queden bonitas.
  8. Emprata colocando na base un bo puñado de brotes verdes para ensalada (xa lavados e escurridos) Incorporar por riba os trozos de salmón e o mando, e no medio as rodaxas de ovo cocido.
  9. Ao redor do ovo, decora con abundantes medias lunas de aguacate.
  10. Por último, espolvorea todo o prato coas noces e os kikos en po e co ceboliño fresco. Adereza cun pelín de sal e vinagre de Módena.
Subscríbete ao noso boletín
Mantente informado de todo o que acontece no Pazo de Vilane e goza das nosas actividades, sorteos, premios...
Información básica 1ª CAPA sobre Protección de Datos: Responsable: Pazo de Vilane | Finalidade: Contestar ás solicitudes de información do interesado, establecemento ou mantemento de Relacións Comerciais e posiblemente para o envío de publicidade. | Lexitimación: Consentimento do interesado e interese lexítimo no desenvolvemento da relación comercial | Destinatarios: Non se cede a información | Dereitos: Acceso, rectificación, supresión, limitación, oposición e portabilidade | Información adicional: Política de privacidade