Guía definitiva do valor nutricional do ovo campeiro e as súas propiedades para a saúde

nutrientes do ovo

De seguro que terás oído falar do excelente valor nutricional do ovo e as súas propiedades para a saúde. Non é de estrañar: investigadores, médicos e nutricionistas recomendan o seu consumo a tódolos grupos de poboación, posto que hoxe en día está considerado un dos alimentos máis completos que nos brinda a natureza e, en consecuencia, dos máis beneficiosos para o ser humano.

Por iso, pensando en ti e nos teus, elaboramos esta Guía do valor nutricional do ovo campeiro, recompilando e ordenando a maior parte dos seus nutrientes e propiedades, así como as correspondentes enfermidades que poden previr (ou mellorar, nalgúns casos).

Segue a ler, porque moi pronto vas comprobar que comer ovos campeiros é moito mellor que ter de veciño a un doutor. Estás listos para coñecer tódalas propiedades beneficiosas do ovo para a túa saúde?

Ovo campeiro: vitaminas para dar e tomar

Infografía sobre as vitaminas dos ovos campeiro de Pazo de Vilane

O ovo campeiro é un dos alimentos máis ricos en vitaminas. Contenas case todas… e en abundancia.

Se comes un ovo ao día terás vitaminas de sobra: A, Grupo B (tiamina, riboflavina, niacina, ácido patoténico, piridoxina, biotina, ácido fólico e colina), D, E, K… É dicir, todas elas menos a C.

Estes nutrientes, como ben sabes, son “ouro puro” debido ás múltiples patoloxías.

Enfermidades que preveñen as vitaminas do ovo

Para entender a importancia do papel que xogan as vitaminas na túa saúde bastará que mencionemos as enfermidades que preveñen.

Por poñer algúns exemplos tan so, algúns tipos de cancro, enfermidades da vista -como a dexeneración macular-, exceso de colesterol, avellentamento prematuro, enfermidades nerviosas (depresión, ansiedade ou estrés) patoloxías cardiovasculares, cefaleas e hemicranias, falta de memoria ou concentración, trastornos hormonais, pelagra, síndrome premenstrual, náuseas, unllas escamadas, anemia, perda de pelo, hipertensión arterial…

Nos nenos, as vitaminas que aportan os ovos son determinantes no seu crecemento, así como no bo desenvolvemento e funcionamento do seu cerebro (funcións cognitivas, memoria…). E axúdanlles a formar ósos fortes e a evitar enfermidades dentais e patoloxías da pel.

Por outro lado, comprobouse que os ovos campeiros aportan vitaminas á muller embarazada que facilitan a correcta formación do cerebro e da medula espiñal do feto; así pois, preveñen enfermidades como a anencefalia ou a espiña bífida.

As persoas maiores tamén se benefician notablemente de inxerir ovos, posto que as súas vitaminas axudan a previr a osteoporose, o Alzhéimer, a diabetes, algunhas enfermidades auto inmunes e os danos hepáticos, coma o fígado graxo.

Dado o factor determinante das vitaminas (sobre todo a D e a E) no fortalecemento do sistema inmunolóxico, que nos protexe de virus e bacterias e nos axuda a combater as enfermidades unha vez que fomos infectados, estase estudando na actualidade o papel da vitamina D na evolución da Covid-19.

Aínda que debe quedar claro que a vitamina non protexe de ser contaxiado, iniciáronse traballos científicos para determinar se o feito de manter niveis altos de vitamina D no organismo (a través do sol e dos alimentos) podería axudar a unha mellor evolución desta grave patoloxía.

Non obstante, estes estudos médicos aínda se están desenvolvendo, polo que non hai conclusións definitivas.

Indicado para previr/mellorar
Vitaminas presentes no ovo
Vitamina AAvellentamento prematuroAlgúns cancrosDexeneración macular Enfermidades ocularesHipercolesterolemia 
Vitaminas Grupo B
        Tiamina (B-1)Enfermidades nerviosas (depresión)Enfermidades cardiovascularesFalta de memoria ou concentración
        Riboflavina (B-2)Algúns cancrosdores de cabeza e xaquecasTrastornos hormonais
        Niacina (B3)HipercolesterolemiaPelagra
        Ácido pantoténico (vitamina B5)EstrésEnfermidades cardiovasculares
        Piridoxina (B+6)Enfermidades cardiovascularesNáuseasSíndrome premenstrualAnemia
        Biotina (B7 o H)EstrésPerda de cabeloUnhas escamadas
        Ácido fólico (B9)AnemiaAnencefalia y espina bífida (fetos)
        ColinaNos fetos, formación do cerebro e da medula espiñalMemoria e desenvolvemento cerebral (infantil)AlzheimerDesenvolvemento da memoriaHipertensión arterial
Vitamina DPotenciador do crecemento (infantil)OsteoporosesHipertensión arterialEnfermidades cardiovascularesDiabetesAlgúns cancrosSobrepesoEnfermidades periodontaisEnfermidades autoinmunesCovid-19 (en estudo). mellor resposta autoinmune
Vitamina EDaños hepáticos (hígado graxo)Avellentamento prematuroEnfermidades de la pielReforzo do sistema inmunitarioParkinsonAlzheimer
Vitamina KOsteoporoseHemorraxias

Minerais presentes no ovo: os micronutrientes esenciais para a túa saúde

Infografía sobre o valor nutricional do ovo (minerais).

O gran valor nutricional do ovo campeiro reside non só na súa abundancia de vitaminas, senón na variedade e cantidade de minerais que ofrece.

Ademais, moitos deles son determinantes para a nosa saúde, como o calcio, o ferro, o iodo, o zinc, o fósforo, o magnesio ou potasio.

Todos estes nutrientes do ovo xogan un papel importante no bo crecemento dos nenos e na súa saúde dental (en especial para evitar caries).

Tamén axudan a reducir a diabetes causadas por mala alimentación, as enfermidades relacionadas coa glándula tiroides, ou a hipertensión arterial.

Así mesmo, un nivel axeitado de minerais mantén forte o sistema inmunolóxico e prevén a osteoporose, os trastornos renais ou a depresión. E protexe contra o bocio, os trastornos neurolóxicos ou as enfermidades da pel.

Pero hai máis: os minerais axudan a superar a inapetencia, a fatiga crónica e as perdas de memoria, e inflúen nunha mellor diagnose das enfermidades inflamatorias.

Por tanto, se introducimos frecuentemente ovos campeiros na nosa dieta, estaremos cubrindo a inxestión recomendada de minerais diaria e non teremos que recorrer a suplementos.

Os expertos falan claro ao respecto: sempre é mellor e máis eficaz conseguir os nutrientes a través dos alimentos.

Indicado para previr/mellorar
Minerais presentes no ovo (macrominerais)
CalcioPotenciador do crecementoOsteoporosesEnfermidades periodontaisCáncer de colon
FósforoCariesOsteoporosesPerdas de memoriaFatiga crónica, cansanzoFunción nerviosa y muscular
MagnesioDiabetesDepresiónEnfermidades inflamatorias
PotasioHipertensión arterialEnfermidades renalesDiabetesDesenvolvemento de funciones cognitivasLesiones musculares
FerroAnemiaOsteoporosesTrastornos cognitivosFatiga crónicaSistema inmune
IodoBocioTrastornos neurolóxicosDefectos en el linguaxe/audición (niños)Enfermidades de la tiroides
ZincSistema inmunolóxico (bacterias y virus)Enfermidades de la pielInapetenciaPneumonías, bronquiolite
(Oligoelementos) 
SelenioEstimulación del sistema inmune Avellentamento prematuroEnfermidades cardiovascularesCáncer

As graxas saudables do ovo: moi necesarias para o noso organismo

Información sobre o valor nutricional do ovo: os tipos de graxas que contén.

Sabías que o ovo campeiro é rico nas mellores graxas: as non saturadas e os ácidos graxos Omega-3?

Este tipo de lípidos, consumidos en doses axeitadas, son magníficos para a nosa saúde: manteñen a raia o colesterol, porque aumentan o bo HDL e reducen o malo o LDL.

Pero, ademais, axudan a que o sistema nervioso central funcione axeitadamente, ao igual que o sistema inmunolóxico (ambos nos protexen de enfermidades psíquicas e físicas), preveñen a trombose, as enfermidades inflamatorias pulmonares, a diabetes, o asma, ou os cancros de mama, próstata e colon.

Tamén a produción de hormonas e a absorción de vitaminas se ven favorecidas pola presenza de graxas saudables no organismo; por tanto, xa temos dous motivos adicionais para sumar ovos campeiros á dieta.

o valor nutricional do ovo convérteo nun dos mellores alimentos para as embarazadas.

Por outro lado, o valor nutricional do ovo convérteo nun dos mellores alimentos para as embarazadas.

E é que as mulleres xestantes que inxeriron suficientes graxas non saturadas e ácidos graxos Omega-3 durante o embarazo producen leite materna rica nestes lípidos, o que inflúe favorablemente no desenvolvemento mental e psicomotor dos seus bebés, moi especialmente dos prematuros.

Antioxidantes, aminoácidos e oligoelementos: os novos obxectos de desexo

Pero o ovo campeiro ofrece máis… Moito máis!

Así, os antioxidantes presentes no ovo son nutrientes extraordinarios que protexen contra algúns tipos de cancros, enfermidades da vista (como as cataratas) mentais (ansiedade, depresión, insomnio…) ou incluso alerxias respiratorias.

Son a última tendencia en nutrición, e con moita frecuencia consúmense en suplementos para paliar carencias. Agora ben, se se consomen os suficientes ovos á semana non hai por que facelo: inxerímolos de maneira natural.

Infografía sobre antioxidantes do ovo, nutrientes importantes.
Indicado para previr/mellorar
Antioxidantes presentes no ovo
Lumicromo Algúns cancros
Lumifalvina Algúns cancros
Triptófano Algúns cancrosEnfermidades mentaisDepresiónInsomnio
Tirosina Algúns cancrosAnsiedadeDepresiónAlerxias respiratorias
Zeaxantina (antioxidante)Enfermidades da vista (cataratas)
LuteínaEnfermidades da vista (protección da retina)Desenvolvemento da función cognitiva (adultos e nenos)

Finalizamos destacando os aminoácidos presentes nos ovos, como a taurina ou outros esenciais e non esenciais, que se teñen demostrado como fundamentais na absorción das graxas ou da hipertensión arterial.

Infografía sobre o valor nutricional do ovo (aminoácidos, oligoelementos e anticorpos)

Tamén o ovo campeiro posúe anticorpos, como as inmunoglobulinas IgV, a IgY ou a IgA. Todos eles axúdannos a fortalecer e estimular a resposta do noso sistema inmunolóxico fronte a distintas infeccións.

Valor nutricional do ovo: proteínas e calorías presentes nun ovo campeiro cocido de diferentes formas.

Proteína de alta calidade

E en canto ás proteínas, son as de orixe animal máis dixeribles. É dicir, considéranse de alta calidade porque o corpo humano absórbeas moito máis fácil ca outras.

Como poderías comprobar, non esaxerabamos cando anteriormente catalogabamos ao ovo como un súper-alimento que, ademais, está moi indicado en dietas de adelgazamento ou para deportistas.

Os ovos campeiros de tamaño M ou L (os que habitualmente comercializa Pazo de Vilane) só teñen unhas 75 calorías por unidade.

Isto é o mesmo que aporta unha mazá de tamaño medio, pero con moito maior poder para saciar (polas proteínas de alta calidade que antes mencionabamos).

Desterrando mitos sobre o valor nutricional do ovo

Os ovos cocidos conservan todo o valor nutricional do ovo.

Atrás quedaron os mitos sobre o valor nutricional do ovo: a comunidade científica en pleno recomenda inxerir un ovo diario completo polos seus altos valores nutricionais (tanto da súa xema como da súa clara), polo menos para a poboación sa.

Ademais, é un alimento ao que se ten acceso todo o ano, barato e rico.

E se é campeiro -campeiro de verdade- o valor nutricional do ovo aumenta, posto que as galiñas incorporan a través do pastoreo (a herba fresca, pequenas areas e insectos inxeridos) un extra de vitaminas, minerais e outros nutrientes que se incorporan ao ovo… e, por tanto, á túa dieta e á túa saúde.

A que agardas para introducir ovos campeiros do Pazo de Vilane en almorzos, comidas ou ceas?

Gustouche este artigo? Pois ofrecémosche moito máis! Subscríbete ao noso boletín e recibirás un libro dixital gratuíto!