Como aumentar as defensas con ovos camperos (e outros súper alimentos)

Actualizado el 25/01/2021

Ademáis das medidas que xa coñecemos (máscara, distancia social…) poderías manter baixo control o coronavirus tratando de aumentar as defensas do corpo, ou o que é o mesmo, fortalecendo o teu sistema inmunitario. Para iso, unha das claves é mellorar a túa dieta. Non fai falta introducir alimentos exóticos ou de sabor dubidoso… Os ricos alimentos que sempre nos deu a terra (e que hoxe chamamos súper alimentos) son as tuas mellores armas: froitas, verduras, carnes, legumes, peixes, aceite de oliva virxe extra, e por suposto, ovos camperos ben producidos.

Suma a esta fórmula o exercicio moderado (pode ser unha rutina sinxela en casa), manter a tensión baixo control, durmir polo menos 8 horas, e evitar o alcol e o tabaco… e as tuas defensas estarán preparadas.

Queres coñecer os nosos consellos para aumentar as tuas defensas fronte ao coronavirus e outras enfermidades infecciosas?

1-Volve á orixe: consome produtos frescos e ben producidos para aumentar as defensas do teu organismo

Como apuntamos máis arriba, o coronavirus (como a maioría dos virus) pode afrontarse reforzando ao máximo o noso sistema inmunolóxico grazas ao consumo de alimentos frescos producidos da forma máis natural posible.  

A distancia social e as medidas de hixiene importan, e moito. Pero é fundamental que o teu organismo estea forte para a batalla que, con probabilidade, establecerás.

E é que o SARS- CoV-2 é un microorganismo ao que seguramente acabaremos expostos dunha maneira ou outra

De feito, a diario introdúcense no noso corpo centos de miles de virus e bacterias, pero o noso sistema inmunitario loita contra eles e case sempre vence… se estamos ben nutridos cos alimentos adecuados, claro.

Recentemente, a Sociedade Internacional de Inmunonutrición recomendou levar unha dieta baseada en antioxidantes para reforzar o sistema inmune #a fin de que a poboación poida facer fronte ao Covid.

Por tanto, se queres evitar o coronavirus, aumenta a cantidade de antioxidantes e nutrientes de todo tipo a través de bos alimentos. Porque segun sinalan algúns especialistas, unha gran maioría dos alimentos que hoxe consumimos -tamén os frescos- están peor producidos e, por tanto, teñen menor valor nutricional que os de outrora.

Polo contrario, os ovos camperos frescos producidos polas galiñas que pastan ó aire libre son riquísimos en antioxidantes e nutrientes.

Na súa composición figuran o lumicromo, a lumiflavina, o triptófano , a tirosina, a zeaxantina e a luteína, todos eles antioxidantes con propiedades moi beneficiosas para a saúde.

Receta de huevos duros camperos de Pazo de Vilane con salsa pesto, tomatitos y espárragos verdes. - Cómo aumentar tus defensas con huevos camperos
Ovos camperos de Pazo de Vilane con salsa pesto (queixo parmesano, albáfega e aceite de oliva virxe extra), acompañados por tomatitos e espárragos verdes. Esta receita non só te servirá como deliciosa cea ou entrante, senón para aumentar as defensas do teu organismo.

2- Dalle o teu corpo vitaminas: pura gasolina para os glóbulos blancos

Debemos comer alimentos con vitaminas en abundancia para que poidamos producir moitos e saudables glóbulos blancos, os “policías” do sistema inmunitario.

E a mellor maneira de consumilas non é a través de suplementos vitamínicos, senón mediante os “ súper alimentos, ou sexa, aqueles que conteñen o mellor que nos brinda a natureza en grandes cantidades, como os ovos camperos.

“Os ovos da caixiña” de Pazo de Vilane son sempre garantía de calidade porque foron producidos con esmerado coidado , como outrora…

No caso deste alimento, os nutrientes atópanse tanto na xema como na clara do ovo. Por iso é recomendable consumilo completo, sen separar unha da outra.

De feito, o ovo campero no seu conxunto contén un alto porcentaxe de vitamina A, todas as vitaminas do grupo B (tiamina ou B-1, riboflavina ou B-2, niacina ou B3, ácido pantoténico ou B5, piridoxina ou B6, biotina ou B7/H e ácido fólico ou B9 e colina), asi como vitaminas D, K e E.

Unha verdadeira bomba de vitaminas.

Según investigadores da Cátedra da Inmunidade da Universidad Complutense de Madrid, as vitaminas son un grupo esencial de nutrientes para o bo funcionamento do sistema inmunitario.

Demostrouse que a Vitamina A axuda na regulación do sistema inmune e na resposta dos anticorpos frente a virus e bacterias. Por certo, a valiosa vitamina A tamén potencia unha mellor resposta dos anticorpos ás vacinas.

Niña con gallinas de huevos camperos en Pazo de Vilane

Por si fora pouco, tamén se estudiou os beneficios da vitamina A na reducción da mortalidade de enfermidades infecciosas (sobre todo en nenos) en países en vías de desarrollo.

E son múltiples as ventaxas que proporciona introducir ovos na alimentación dos nenos (mellor memoria, concentración, crecemento, ..) así como os beneficios do ovo no embarazo. 

Igualmente, moito se falou do papel da vitamina D na loita frente o coronavirus. Inda que esta vitamina se capta principalmente a través do sol, o ovo é un dos poucos alimentos que a conteñen nunha proporción significativa.

Calcúlase que en España a poboación de entre 18 e 60 anos sufre un déficit desta vitamina do 50% e ata máis do 85% en maiores de 60 anos. Pero, podes solucionalo agradablemente.

Se podes, engade un paseo diario de 10-15 minutos á tua rutina diaria….ou se esto non te é posible, abre a ventá para captar algo de luz solar.

¿Ademáis dos ovos camperos, qué outros alimentos conteñen moitas vitaminas?

Un desayuno con huevo campero
Ovos fritos con machacadito de finas herbas e labras de xamón serrano, acompañados de ensalada de brotes verdes… Unha maneira deliciosa de aumentar as defensas, non che parece?

Arandos, grosella negra, allos, cebolas, pemento vermello, perexil, kiwi, col rizada ou repolo, brócoli, amorodos, cítricos, verduras de follas verdes, peixes azuis frescos, legumes, lácteos, aguacates, arroces e cereais, carnes magras, cenorias… A lista podería ser interminable. O perexil, o coantro, a albáfega e moitas herbas aromáticas están repletas de vitaminas. Fai uso e abuso de elas!

Trata de comer todo o fresco e variado que poidas. Compra alimentos producidos naturalmente. Non podes nin imaxinar a de vitaminas e outros elementos beneficiosos que se perden senon o fas.

3- Que non te falten alimentos con anticorpos… Como o ovo campero

Outra das grandes bondades do ovo campero é que é un alimento que conta con anticorpos transferidos da galiña.

A este fenómeno denomínase inmunidade pasiva materna, en humanos dase entre a nai e o fillo a través da placenta , especialmente no tercer trimestre do embarazo, e tamén mediante a leite materna.

É dicir, a igual que a nai pode pasar parte dos seus anticorpos ó fillo, a galiña faino ó ovo.

E o interesante é que o ovo, a súa vez, pode transferir inmunidade pasiva aos mamíferos, como os humanos.

Xa hai estudios clínicos que demostran que distintas infeccións bacterianas- coma o Helicobacter pylori, por exemplo, redúcense se se administran anticorpos do ovo (tamén se chaman lgY).

Asimesmo, pódese usar para combatir a caries, e xa se está experimentando como componente de medicamentos para outras patoloxías, ou coma elemento fundamental en probas de detección do coronavirus.

 4- Para aumentar as defensas….¡Non olviden mineralizarse!

Xa o decía Súper Ratón, o famoso súper héroe dos debuxos animados dos anos 80. Para aumentar as tuas defensas…¡Fai falla mineralizarse¡ Os expertos aseguran que o zinc e o selenio son dous dos minerales imprescindibles para previr unha infección.

¿Sabías que podrías aumentar as túas defensas con ovos camperos rápidamente, pois conteñen zinc e selenio en abundancia?

A carencia de zinc afecta en especial ó sistema inmune. O motivo é que os glóbulos blancos encargados da defensa do corpo ( os famosos “policías”) multiplícanse a gran velocidade se detectan un virus, bacterias ou cancro, pero sólo se contan coa cantidade de zinc necesaria.

O papel do selenio tampouco é menor. Fai relativamente poucos anos tíñanse moitas reservas de este mineral, pero hoxe en día atribúense notables beneficios para a saude, desde funcións antioxidantes e de regulación hormonal ata efectos anti canceríxenos constatados.

Debemos concentrarnos en alimentos que acheguen este mineral, pois os científicos suxiren que a metade da poboación española é deficitaria en selenio. Os arrefriados e catarros frecuentes (unha peor resposta #ante infeccións víricas: gripes, pneumonías…) son un dos síntomas da súa carencia.

O arroz integral, o marisco, a carne de pito, o atún, os allos, os champiñóns (ademáis dos ovos camperos do noso Pazo) son alimentos ricos en selenio.

Aumentar las defensas con huevos camperos
Os ovos camperos son ricos en minerais indispensables para contar cunhas defensas a proba de virus. Dous destes nutrientes son o zinc e o selenio, cuxa carencia provoca unha peor resposta do sistema inmunitario.

Como ves, non é difícil seguir as pautas para aumentar as defensas con ovos camperos de Pazo e outros súper alimentos. Só tes que planificar as túas compras para elixir alimentos ben producidos e darlle variedade á túa dieta.

Gozarás máis das túas comidas e aumentarás as túas defensas, é dicir, conseguirás unha saúde inmunolóxica inmellorable.