Tortilla de patacas ao estilo do casino de Lesaka

Tortilla de pataca pero cun toque diferente. A clave para cociñar esta receita está en non pasarse cos chiles.

20 minutos 4 comensales

Para moitos a tortilla é unha receita fácil, sinxela e parece estar ao alcance de calquera. Pódense facer de múltiples formas que se patacas finas ou grosas callada ou case líquida, ben compactada, fría ou quente, con cebola ou sen ela. Hai tantas formas de saboreala!

E aínda que a mellor tortilla de patacas é a de papá ou mamá, hoxe traémosvos unha receita digna de chuparse os dedos. Unha tortilla de patacas clásica con algún ingrediente que lle dará un toque máis delicioso se se pode. Prepara os teus ovos  campeiros e á cociña.

 

Receta tortilla de patatas de Pazo de Vilane

Ingredientes

  • 12 ovos camperos Pazo de Vilane
  • 1 L de aceite de oliva virxen extra
  • 1 pizca de sal
  • 1 pemento verde
  • 1 chisca de chiles
  • 2 cebolas
  • 1 Kg de patacas

Elaboración

  1. Nunha tixola fritimos un quilo de patacas cortadas á paisana en aceite de oliva virxe extra cun chisco de sal, un pemento verde picado e un chisco de chiles frescos.
  2. Pelamos e picamos as 2 cebolas e caramelizamos noutra tixola.
  3. Unha vez a pataca este no seu punto, escorremos o aceite, que gardaremos para outra preparación.
  4. Nun cunco, mesturamos as patacas coas cebolas e con 12 ovos campeiros Pazo de Vilane batidos. Cando os ingredientes estéan ben mesturados agregamos un pouco de sal.
  5. Callamos nunha tixola quente a mestura por ambos lados. Podemos servila da maneira tradicional ou enrolada en dúas.
  6. Para poder facer a tortilla enrolada o que debe de facerse é callar a tortilla en varias quendas para que a cantidade da mestura que hai na tixola permita dobrala coma se fose unha tortilla francesa enrolada.
  7. Lista para servir e saborear!