A tortilla de verduras é un prato delicioso, sanísimo e “apañado”, porque está repleto de nutrintes e encima rende moito. Con esta receta, que incorpora atún, terás resolta unha cea con amigos ou familia con apenas catro ovos, unhas latiñas de atún, un pimento vermello e unha cabaciña. ¡Máis fácil e económico, imposible¡.
Non dubides en empregar outras verduras que anden polo caixón da túa neveira: espárragos verdes, algunha pataca, pimento verde, cebola… ¡todo vale¡
E é que a versatilidade dos ovos camperos permíteche transformar uns poucos ingredientes nunha receita de primeira, perfecta para cubrir un prato completo ou un segundo.
Tres trucos infalibles para facer a mellor tortilla de verduras con atún
- A tortilla de verduras sae mellor se éstas son frescas. Pero se tés algunha peza un pouco pasada, non a tires. Resucítaa primeiro sumerxíndoa en auga fría durante uns minutos. Logo, sécaa , córtaa e pásaa pola tixola.
- Non batas en exceso os ovos, ou entrará demasiao aire na mezcla. Se che gusta xugosa, engade un ovo campero máis e calla pouco a mezcla final.
- Ao cociñar as verduras, ten en conta os distintos tempos de cada unha. Se che gustan algo crocantes retíraas antes do lume.
Ingredientes
- 4 ovos Pazo de Vilane
- 2 latas de atún en aceite
- 1 pimento vermello
- 1 cabaciña
- 1 pizco de sal e pimenta
Elaboración
- Bate os ovos nun cunco grande, sen levantar espuma.
- Engade o atún da lata, escurrido e desmenuzado, cunha pinga de pimenta e sal. Mezcla ben. Lava a cabaciña e o pimento e córtaos en dadiños.
- Nunha tixola con pouco aceite, bota a cabaciña e cociña durante 10 minutos.
- A continuación, engade o pimento, e cociña ambas verduras 15 minutos máis.
- Salpimenta ben, escorre de aceite e vai engadindo ao cunco dos ovos. Remove con coidado.
- Calla como si fora unha tortilla de pataca, máis ou menos feita, según o teu gusto.