A tortilla de espinacas é unha receita moi rica e sinxela, elaborada con moi poucos ingredientes. Pódese tomar fría ou quente, máis ou menos callada, e podes comela como aperitivo ou como prato principal. Cos ovos campeiros de Pazo de Vilane verás que intensidade lle dará ao sabor da túa tortilla. Fáisenos a boca auga!
Ingredientes
- 6 ovos de Pazo de Vilane
- 2 cebolas
- 400 g de espinacas frescas
- Aceite de oliva
- Sal
Elaboración
- ortamos as raíces das espinacas e lavámolas con abundante auga fría. Engadimos auga a lume medio nunha pota cun pouco de sal, e cando empezo a ferver cocemos as espinacas.
- Esperamos 3 minutos, retirámolas e escorremos.
- Pelamos as cebolas, cortámolas e poñémolas a pochar a lume medio nunha tixola.
- Cando a cebola estea caramelizada, engadimos as espinacas á tixola. Engadimos un pouco de sal e subimos un pouco o lume para que se evapore o líquido.
- Nun cunco cascamos os ovos e batémolos. Mesturamos a cebola e as espinacas co ovo batido
- Quentamos a lume medio-alto a tixola cunhas pingas de aceite. Cando estea quente botamos a mestura. Se nos gusta a tortilla moi callada baixamos o lume, se a preferimos co ovo máis cru, deixámolo como está.
- Facémola por ambos os lados e lista para servir.