Tortilla de espárragos

30 minutos 4 comensales

Esta tortilla de espárragos vaite namorar: tan fácil e rica como calquera tortilla, pero co toque crocante e delicioso dos trigueiros. A nós gústanos con pataca e cebola en láminas finas, pochadas e cunha proporción alta de ovos camperos, para que quede ben suculenta.

¿O truco especial e sorprendente? Segue lendo e o descubrirás. En canto o coñezas vas querer facer esta tortilla XA.

Puntos básicos para levar a túa mesa unha tortilla de espárragos espectacular

  • É necesario que cociñes previamente os espárragos, ou quedarán demasiados duros.  Hai quen lles da un lixeiro fervor previo para abrandalos, pero a nós gústannos máis á prancha.
  • Elixe espárragos trigueiros finos; mellor se son de tempada, porque estarán moito máis tenros.
  • Non batas demasiado os ovos; porque entrará aire na mezcla.
  • Se che gusta a tortilla pouco callada, asegúrate de que na combinación de patacas, cebolas, espárragos e ovos camperos haxa suficiente proporción destos últimos.
  • Aquí está o noso truco especial: refogue o touciño do xamón serrano e marca os espárragos. Xa verás que sabor! 

Ingredientes

  • 6 ovos camperos Pazo de Vilane
  • 4 patacas medianas
  • 1 cebola mediana
  • 1 feixe de espárragos trigueiros
  • 3 o 4 pedazos de touciño de xamón serrano o ibérico
  • 3 dentes de allo

Elaboración

  1. Corta as patacas en láminas, a man, cun coitelo afilado.
  2. Igualmente, corta a cebola moi fina, para que cando se poche se desfaga e quede transparente.
  3. Nunha tixola con aceite de oliva, pocha a lume medio as patacas e a cebola. Engade sal.
  4. Mentres, vai cortando unhas tiras de espárrago verde, moi finas. Descarta os talos, que son máis duros.
  5. Nunha tixola aparte, fríe o touciño do xamón ata extraer a graxa. Engade uns dentes de allo, os espárragos e saltea.
  6. Escorre as patacas e a cebola, bate os ovos nun cunco grande e mezcla con coidado.
  7. Calla a tortilla. Primeiro, nunha tixola antiadherente e cun pelín de aceite de oliva, engade a primeira capa de patacas, ovos e cebola.
  8. A continuación, coloca os espárragos. Finalmente, tapa cunha segunda capa da mezcla.
  9. Dalle a volta e cállaa según o teu gusto.
Subscríbete ao noso boletín
Mantente informado de todo o que acontece no Pazo de Vilane e goza das nosas actividades, sorteos, premios...
Información básica 1ª CAPA sobre Protección de Datos: Responsable: Pazo de Vilane | Finalidade: Contestar ás solicitudes de información do interesado, establecemento ou mantemento de Relacións Comerciais e posiblemente para o envío de publicidade. | Lexitimación: Consentimento do interesado e interese lexítimo no desenvolvemento da relación comercial | Destinatarios: Non se cede a información | Dereitos: Acceso, rectificación, supresión, limitación, oposición e portabilidade | Información adicional: Política de privacidade