Tortilla campeira

Rica e sa. A tortilla campeira leva, fundamentalmente, ingredientes sacados do campo á mesa. E, como non, os nutritivos ovos do Pazo.

45 minutos 4 comensales

As tortillas con ovos campeiros de Pazo de Vilane están sempre deliciosas. Pero se ademais son tan sas como a tortilla campeira que che propoñemos, mellor. Leva unha chea de verduras que, ademais, podes variar ao teu gusto. A nosa recomendación é que vaias botando á tixola os ingredientes de máis a menos duro para que queden todos perfectos e no seu punto. Despois xa só terás que engadir os ovos e nuns minutos este rico prato estará listo para que o degusten 4 comensais.

Receta de tortilla campera Pazo de Vilane

Ingredientes

  • 6 ovos Pazo de Vilane
  • 1 quilo de patacas
  • 1 pemento verde
  • 1 pemento vermello
  • 1 cabaciña
  • 1 cebola
  • 1 cullerada de perexil picado
  • 3 dentes de allo machucados
  • Aceite de oliva virxen extra
  • Sal

Elaboración

  1. Lavamos e cortamos en anacos finos as verduras e perexil. Facemos o mesmo coas patacas pero cortámolas en toros finos.
  2. Nunha tixola engadimos tres culleradas de aceite de oliva. Sofreímos a cebola e os allos, engadimos a cabaciña, os pementos e o perexil. Cociñamos ata que estean tenras.
  3. Doutra banda, fritimos as patacas durante 15 minutos. Cando estean brandas, apaga o lume. Mentres, batemos os ovos e mesturámolo coas hortalizas e engadimos sal.
  4. Finalmente vertemos todo sobre as patacas. Remover de cando en vez e esperar que calle. Con axuda dun prato ou unha tapa darlle a volta á tortilla para que se doure polo outro lado. E listo para saborear!