Torta de Santiago

50 minutos 6 comensales

Desde que o mundo é mundo, a Torta de Santiago ou Torta Compostelana, como tamén é coñecida, non faltou nunca na mesa de Pazo de Vilane.

Esta torta tan tradicional foi sempre o noso “imprescindible” das celebracións do Día de Santiago Apóstol, 25 de xullo, xornada grande en toda Galicia-coincide coa celebración do seu día- e en toda España.

A orixe desta sobremesa é incerto, pero créese que existe ao menos desde a Idade Media. Naquel entonces as améndoas non só representaban o sacrificio (polo seu sabor as veces amargo) ou o luxo; tamén eran un alimento que podía atoparse en calquer camiño e nutría  moito, polo que era un habitual dos millóns de peregrinos que chegaban ata Compostela.

¿Paréceche unha sobremesa compricada? Sorprenderate cando vexas o pouco que se tarda en facer. Apenas uns minutos para preparar a masa e outro cuarto de hora ou vinte minutos ao forno. ¡E con pouquísimos ingredientes¡

Sigue lendo, porque pasámoste todos os truquiños da torta galega por excelencia.

 

Tarta de Santiago

Os mellores trucos para facer unha torta de Santiago de cociñeiro compostelano

  • Os ovos deben ser camperos e se son recén postos mellor. Ten en conta que esta torta está feita básicamente a partir de ovos e alméndoas. ¡Elixe os mellores¡.
  • Rela as améndoas no momento cun robot de cociña, terán moito máis aroma que as que veñen xa trituradas.
  • Ten coidado ao relar a cortiza do limón; elixe só a parte amarela. Se te pasas e inclúes a parte branca, amargará.
  • A temperatura do forno debe ser un pouco máis baixa do habitual, uns 170º ou menos, depende do teu forno. Nós poñemos calor só abaixo, para que non se nos toste a superficie antes de que o interior esté feito.
  • Podes debuxar a cruz do peregrino nun papel, ou ben buscar o debuxo en internet e imprimilo e recortalo.
 

Ingredientes

  • 250 g. de alméndoas crudas sen pel
  • 200 g de azúcre
  • A cortiza dun limón (só o amarelo)
  • 4 ovos camperos Pazo de Vilane
  • 20 g. de manteiga para el molde
  • 10 g. de azucre glas para espolvorear

Elaboración

  1. Prequenta o forno a 180º
  2. Pon as améndoas nun robot e tritúraas ben finas. Reserva.
  3. Tritura tamén o azucre coa pel do limón.
  4. Nun cunco, bate ben os ovos e incorpora o azucre co limón.
  5. Engade as améndoas reservadas e mestura ben.
  6. Verte a mezcla nun molde desmontable engraxado con manteiga.
  7. Mete ao forno durante 15 ou 20 minutos a 170º.
  8. Desmolda unha vez estea frío.
  9. Recorta unha cartulina coa silueta dunha cruz de Santiago, ou unha concha do peregrino e espolvorea todo ao redor de azucre glas.
Subscríbete ao noso boletín
Mantente informado de todo o que acontece no Pazo de Vilane e goza das nosas actividades, sorteos, premios...
Información básica 1ª CAPA sobre Protección de Datos: Responsable: Pazo de Vilane | Finalidade: Contestar ás solicitudes de información do interesado, establecemento ou mantemento de Relacións Comerciais e posiblemente para o envío de publicidade. | Lexitimación: Consentimento do interesado e interese lexítimo no desenvolvemento da relación comercial | Destinatarios: Non se cede a información | Dereitos: Acceso, rectificación, supresión, limitación, oposición e portabilidade | Información adicional: Política de privacidade