Sopa de cebola con ovo campero

Traémosvos unha receita cálida para estes días fríos e chuviosos: unha apetitosa sopa de cebola acompañada de fabulosos ovos camperos.

25 minutos 4 comensales

¡Cómo apetece unha sopa quentiña cando os días empezan a ser frios e chuviosos¡

As avoas galegas, que sempre foron moi sabias, en canto o outono chamaba á porta adoitaban aproveitar dous ou tres ingredientes sinxelos que tiñan na casa-unhas verduras, uns ósos de tenreira ou xamón, uns ovos….- para cociñar unha sopa de cebola con ovo campero boísima, que o mesmo servía de primeiro prato na comida que como prato único na cea.

E é que, cando as temperaturas baixan, non hai nada como unha sopa de cebola, como esta que te traemos, para “entoar “ o corpo. É moi sinxela e rápida de facer, pero moi nutritiva e sobre todo riquísima.

O único secreto é empregar bos ingredientes : unhas cebolas ben frescas, un pan de “pueblo” artesán, cocido no forno de leña- en Pazo de Vilane usamos o galego, concretamente o famoso pan de Antas de Ulla, pero en toda España podes atopar pans excelentes e un caldiño de polo ou de verduras caseiro, coa túa receita habitual.

Por suposto, non podemos deixar de recomendarche uns bos ovos camperos, como os do noso Pazo. Xa sabes, que sexan de galiñas ben fermosas, criadas en liberdade, das que pastan a diario en prados verdes galegos. Cuns ovos así ¿imaxínaste a sopa de cebola que che vai sair?

Sopa de cebolla con huevo

 Tres truquiños para facer a mellor sopa de cebola do mundo

  • Se aos teus nenos non lles gusta atopar os trociños de cebola na sopa, pásaa pola batedora unha vez termine de pocharse. O caldo quedará máis denso, pero cun sabor riquísimo.
  • Podes empregar dous tipos de queixos para que che quede todavía máis deliciosa. Un que funda ben- tipo Cheddar, Gruyere o Emmental- e outro máis curado, por exemplo, un parmesano.
  • Tosta o pan xusto antes de metelo no forno. Deste modo terá ese toque crocante delicioso e aportará textura e sabor ao prato.
 

Ingredientes

  • 30 g aceite de oliva virxe extra
  • 2 cebolas cortadas en xuliana
  • 4 tostadas de pan caseiro ou de “pueblo“
  • 4 ovos
  • 1 litro de caldo de verduras ou de polo (mellor si é caseiro)
  • Queixo relado
  • Sal

Elaboración

  1. Nunha tixola cun pouco de aceite, fríe a cebola en xuliana (a lume lento) e un pouco de sal, ata que quede transparente.
  2. Mentres, pon a ferver o caldo de verduras ou polo e encende o forno a 180º.
  3. Unha vez feita a cebola, repártea en cuncas de barro individuais , ben escurrida en forma de círculo.
  4. Xusto no centro, casca o ovo.
  5. Cobre o prato con tostadas de pan e verte por riba o caldo moi quente.
  6. Espolvorea con queixo relado e gratina no forno durante 5 - 10 minutos
  7. Saca do forno e serve de inmediato.
Subscríbete ao noso boletín
Mantente informado de todo o que acontece no Pazo de Vilane e goza das nosas actividades, sorteos, premios...
Información básica 1ª CAPA sobre Protección de Datos: Responsable: Pazo de Vilane | Finalidade: Contestar ás solicitudes de información do interesado, establecemento ou mantemento de Relacións Comerciais e posiblemente para o envío de publicidade. | Lexitimación: Consentimento do interesado e interese lexítimo no desenvolvemento da relación comercial | Destinatarios: Non se cede a información | Dereitos: Acceso, rectificación, supresión, limitación, oposición e portabilidade | Información adicional: Política de privacidade