Salteado de verduras con ovo poché á trufa

Descubre co Pazo de Vilane como facer unha sinxela receita de salteado de verduras que vai moito máis alá que un simple salteado.

25 minutos 4 comensales

Descobre con Pazo de Vilane cómo facer unha sinxela receita de salteado de verduras que va moito máis alá dun simple salteado.

Traémosche un prato con aires orientais, moi sinxelo e rápido , ademáis de sanísimo. É perfecto para a cea ou como entrante na comida. Ademáis, se lle engades unhas tiriñas de tenreira ou de polo mentres salteas as verduras, impregnaránse do seu delicioso sabor e a salsa tomará máis corpo ( e estará todavía máis rica).

O que máis nos gusta no Pazo é romper o ovo poché , que se derrame na xema, e mesturala ben con tódalas verduras no prato. Non podes nin imaxinarte qué sabor ten cada bocado. O toqueciño do aceite de trufa no ovo é definitivo; xa nos comentarás cando o probes. ¡É aditivo¡

Un consello: se queres ofrecer a convidados un menú moderno e cosmopolita, engade uns fideos de arroz (cocidos previamente) ao salteado de verduras. Terás un prato completo e espectacular nun airiño.

Salteado de verduras con huevo poché a la trufa

Cómo facer salteado de verduras con ovo poché todo o ano

  • O bo deste prato é que podes facelo con verduras de tempada en tódalas estacións. Proba a engadir en outono tiriñas de cabaza cortadas finas (tes que fervelas uns minutos previamente para que non te queden moi duras) ou de berenxena.
  • No inverno o salteado quedarache delicioso con repolo (tamén moi oriental) e brócoli. Na primavera ou verán tes toda a horta a túa disposición: cabaciña, xudías verdes, pimento verde e vermello,…
  • Se tes moitas verduras na neveira e dáche medo que se estraguen, métete na cociña e fai unha boa cantidade deste salteado. Gárdao conxelado, separado por racións, no conxelador.

Ingredientes

  • 1 calabaciña
  • 1 pimento vermello
  • 1 cebola
  • 1 bote de brotes de soia
  • 1 bote de brotes de bambú
  • 1 dente de allo picado
  • 1 chorriño de salsa de soia
  • ½ l de caldo de carne
  • 4 ovos camperos Pazo de Vilane
  • Unhas gotas de aceite de trufa blanca
  • 1 puñado de picatostes
  • 1 chorriño de aceite de oliva ou de xirasol

Elaboración

  1. Corta tódalas verduras en brunoise, e saca o bote e escorre as que sexan en conserva.
  2. Quenta un chorriño de aceite e saltea a lume forte todas as verduras, por este orden: primeiro a cebola, despois o allo e o pimento vermello e finalmente todas as demáis.
  3. Engade o ½ litro de caldo de carne e a salsa de soia e coce uns 6-7 minutos. Non engadas sal, pois a soia aporta suficiente gusto salgado aos ingredientes. Deixa que todo se reduza ata que se forme unha salsa lixeira.
  4. Mentres, forra un cunco con papel film de cociña, casca un ovo, engade unhas gotiñas de aceite de trufa blanca e unha pizquiña de sal e pecha o paquetiño. Repite a operación cos outros 3 ovos camperos.
  5. Introdúceos en auga fervendo uns 4 minutos.
  6. Emprata colocando unha capa do salteado de verduras e un ovo poché por riba. Acompaña cunhos picatostes.
Subscríbete ao noso boletín
Mantente informado de todo o que acontece no Pazo de Vilane e goza das nosas actividades, sorteos, premios...
Información básica 1ª CAPA sobre Protección de Datos: Responsable: Pazo de Vilane | Finalidade: Contestar ás solicitudes de información do interesado, establecemento ou mantemento de Relacións Comerciais e posiblemente para o envío de publicidade. | Lexitimación: Consentimento do interesado e interese lexítimo no desenvolvemento da relación comercial | Destinatarios: Non se cede a información | Dereitos: Acceso, rectificación, supresión, limitación, oposición e portabilidade | Información adicional: Política de privacidade