Salmorejo

Traémosche unha receita fresca, sinxela, barata e absolutamente deliciosa: o salmorejo. Unha sopa fría que fará as delicias de todos nos días de calor

15 minutos 4 comensales

O salmorejo é un prato andaluz, máis concretamente da provincia de Córdoba, de orixe humilde, pero de sabor extraordinario.

Como é un prato económico e fácil de preparar, con ingredientes ao alcance da man de todas as clases sociais (tomates, aceite de oliva, pan e ovos) era unha das comidas típicas de verán que levaban os campesiños ao campo.

Fresquiño, suave e enerxético, os labradores solucionaban a comida do día con esta especie de sopa espesa, tan saborosa como saudable.

Hoxe día preside as mesas dos mellores restaurantes -nas súas diversas versións- en forma de fina  muselina e acompañada cos máis orixinais ingredientes: desde uvas ata  tomatiños  desecados, pasando por froitos secos ou follas de albáfega.

É perfecta como entrante ou mesmo prato único dunha comida estival, e lucirá perfecta como prato festivo.

Non o dubides máis e sírvea hoxe mesmo na túa mesa. Choveranche as gabanzas!

Salmorejo

Trucos para facer o mellor salmorejo

  • O truco principal é elixir ben os ingredientes. Os tomates deben ser madurados ao sol (non de invernadoiro).
  •   O pan, mellor se é candeal e dun ou dous días (xa duro).
  • Elixe un aceite de oliva virxe extra con moito corpo e sabor.
  • Por suposto, os ovos campeiros, que sexan de Pazo de  Vilane, porque as nosas galiñas pastan nos pastos verdes e frescos galegos todos os días do ano, e iso nótase. Verás que intensidade danlle ao prato!

Ingredientes

  • 7-8 tomates vermellos maduros pequenos
  • 1 dente de allo
  • ¼ de barra de pan candeal
  • 1 chorriño de aceite de oliva virxe extra
  • Sal
  • 2 ovos campeiros Pazo de Vilane
  • 150 g de xamón serrano en anaquiños
  • Opcional: pemento verde

Elaboración

  1. Remolla o pan en auga uns minutos.
  2. Pela os tomates, un dente de allo e tritúraos xuntos nun robot de cociña.
  3. Escorre ben o pan, engádeo, e volve a triturar ata deixalo ben fino.
  4. Sen deixar de triturar, vai incorporando o aceite nun fío moi fino, ata que o salmorejo vaia tomando unha textura cremosa, como de maionesa, e quede todo ben ligado.
  5. Engade sal, pero non demasiada, pois o xamón achegaralle bastante.
  6. Mete o salmorejo, tapado, na neveira, para que estea moi frío á hora de servir.
  7. Coce os ovos durante 10 minutos (a partir do primeiro fervor). Lévaos a auga fría e pélaos. Córtaos en anacos miudiños e reserva.
  8. Prepara o xamón serrano cortándoo tamén, ben fino.
  9. Serve o salmorejo frío en cuncos individuais, cun par de culleradiñas de ovo picado e xamón por encima. Se che gusta, podes engadir tamén pemento verde en anaquiños.
  10. Decorar cun fío moi fino de aceite de oliva.
Subscríbete ao noso boletín
Mantente informado de todo o que acontece no Pazo de Vilane e goza das nosas actividades, sorteos, premios...
Información básica 1ª CAPA sobre Protección de Datos: Responsable: Pazo de Vilane | Finalidade: Contestar ás solicitudes de información do interesado, establecemento ou mantemento de Relacións Comerciais e posiblemente para o envío de publicidade. | Lexitimación: Consentimento do interesado e interese lexítimo no desenvolvemento da relación comercial | Destinatarios: Non se cede a información | Dereitos: Acceso, rectificación, supresión, limitación, oposición e portabilidade | Información adicional: Política de privacidade