Revolto de grelos con gambas

Quen di que todo o que é rico engorda? Proba este delicioso ovos revoltos con grelos e gambas, e verás como cambias de opinión.

30 minutos 4 comensales

Quen di que todo o que está rico engorda? Proba este delicioso revolto de grelos con gambas, e verás como cambias de opinión.

Por unha vez non terás que refrearTe: sírvete unha ración xenerosa e goza con esta receita sa e riquísima, que esta vez a báscula non poderá tomarse a vinganza. Os grelos están deliciosos, cárgante de vitaminas, minerais, fibra… e encima non engordan nada!

Por iso é a verdura de inverno que máis botan de menos os galegos que viven fóra da terra…

Próbaos con gambas ao allo e ovos revoltos: converteraste noutro rendido entusiasta dos grelos.

Revuelto de grelos con gambas

Os grelos: a verdura galega por excelencia

  • Pois si, os grelos é unha das verduras nas que todo o mundo pensa cando se fala de Galicia. Pero, sabes exactamente que son os grelos e como se cociñan?
  • Os grelos son os talos tenros do nabo, os que aparecen xusto antes da floración. Son dunha intensa cor verde. Plántanse no verán, pero cultívanse en pleno inverno, co frío. Xusto despois das xeadas.
  • Nunca os probaches? Sorprenderache o seu sabor: entre amargo e ácedo, ás veces cun punto picante…
  • Os grelos ofrecen riquísimas propiedades nutricionais. Son ricos en fibra, vitamina A, B9 e E. Tamén achegan moitos minerais: ferro, magnesio, cobre, potasio…
  • Podes compralos frescos nos mercados de Galicia (tamén os levan ás grandes cidades de España) durante os meses de febreiro e marzo. Noutras épocas do ano poderalos atopar en conserva.

Ingredientes

  • 500 g de grelos
  • 300 g de gambas peladas (crúas)
  • 6 ovos campeiros Pazo de Vilane
  • 4 dentes de allo
  • 4-5 culleradas sopeiras de aceite de oliva virxe extra
  • 1 guindilla (opcional)
  • 1 pizco de sal

Elaboración

  1. Coce os grelos en abundante auga con sal, uns 10-12 minutos desde que arrinque o fervor. Próbaos para ver se están tenros. En caso contrario, déixaos máis tempo.
  2. Sácaos e refréscaos con auga fría. Reserva.
  3. Mentres, corta os dentes de allo en láminas finas e ponos a dourar nunha tixola co aceite de oliva e unha guindilla (se che gusta o picante). Se é necesario, podes engadir un chorrito máis de aceite.
  4. Cando os allos estean lixeiramente dourados, engade as gambas e sobe un pouco o lume para reducir a auga que adoitan soltar. Engade sal.
  5. Unha vez estean feitas as gambas, incorpora os grelos e remexe, para que se impregnen do sabor do aceite e as gambas.
  6. Inmediatamente, engade os ovos batidos. Engade unha chisca de sal aos ovos se o ves necesario.
  7. Move lixeiramente e retira a tixola en canto callen, pois deben quedar zumarentos.
Subscríbete ao noso boletín
Mantente informado de todo o que acontece no Pazo de Vilane e goza das nosas actividades, sorteos, premios...
Información básica 1ª CAPA sobre Protección de Datos: Responsable: Pazo de Vilane | Finalidade: Contestar ás solicitudes de información do interesado, establecemento ou mantemento de Relacións Comerciais e posiblemente para o envío de publicidade. | Lexitimación: Consentimento do interesado e interese lexítimo no desenvolvemento da relación comercial | Destinatarios: Non se cede a información | Dereitos: Acceso, rectificación, supresión, limitación, oposición e portabilidade | Información adicional: Política de privacidade