Aquí tes a auténtica receita de ovos rancheiros recentemente chegada do México lindo e querido. ¿Quen di que aos galegos só nos tira a comida da terra? A nós o que de verdade nos gusta é a boa cociña, e estes ovos cumpren tódolos requisitos (e con fartura) para levantarse ata esa prezada categoría.
Apunta esta recetiña e tena ben a man, porque os ovos rancheiros podes ser o teu prato forte nunha comida tex mex con amigos, ou calquer cea de diario ben resolta. Tamén che quedarán estupendos como principal de calquer comida: proba a acompañalos cun pouquiño de arroz branco, fabas (“frijoles”) ou incluso uns toros de aguacate aliñado con sal, pimenta e zume de lima.
Ovos rancheiros: o secreto está na salsa
- Asi é, nin máis nin menos. Grande parte do sabor deste prato depende do rica que che salga a salsa. Para iso, escolle as mellores verduras, ben frescas. Tamén podes adaptar a nosa receita e botarlle “jalapeños”, cebolas, “chiles “ verdes serranos, pimentos amarelos e vermellos… Incluso un pouco de carne picada ou fabas (“frijoles negros”) cocidas .
- Para que esta receita teña ese toque crocante tan rico, debes fritir as tortillas de millo en abundante aceite de xirasol. Iso sí, non as deixes moito rato na tixola ou se poñerán excesivamente duras. ¡Só volta e volta¡
- Cando a salsa estea case lista, termina de sofritila engadindo moi aos poucos unhas gotas de tabasco e probando, para non pasarte de picante. Tamén podes dividila en dúas partes e ofrecer aos teus comensais dous gustos, según o seu “ardor”.
Ingredientes
- 8 ovos camperos Pazo de Vilane
- 8 tortillas de millo
- 200 ml de aceite de xirasol (para fritir)
- 1 chorriño de aceite de oliva virxe extra (para o sofrito)
- 1 ramiña de coandro picada
- 1 vasiño de auga
- 4 tomates ben vermellos e maduros
- 1-2 pimentos verdes pequenos
- 3-6 gotas de tabasco (según o teu gusto)
- 1 cebola grande
- 2-3 dentes de allo grandes
- 1 pouquiño de sal
- 1 pouquiño de pimenta
Elaboración
- Encende o forno a 180º e cando estea quente, pon os tomates nunha bandexa e enforna durante 15 minutos, aproximadamente.
- Mentres, trocea ben a cebola e pona a pochar nunha tixola co chorriño de aceite de oliva a baixa temperatura, ata que estea transparente.
- Mentres, vai cortando en trociños moi pequenos o pimento verde e o allo. Engade á tixola primeiro o pimento e máis tarde o allo. Sofrite.
- A continuación, saca os tomates (que xa estarán asados), quítalles a pel con coidado, trocéaos e engádeos ao sofritido. Verte o vaso de auga para que non se pegue e sobe lixeiramente o lume.
- Nunha tixola pequena aparte, frite as tortillas de millo. Vai sacándoas e colocándoas nos pratos, de dous en dous.
- Cando acabes coas tortillas, segue cos ovos camperos fritidos. Non esquezas salpimentalos.
- A salsa rancheira xa estará lista. Proba e sazónaa con sal e pimenta.
- Emprata cunha base de salsa, coloca a continuación dúas tortillas de millo crocantes e xusto por riba dos ovos fritidos. Finalmente, volve a salsear.
- Como toque final case imprescindible, trocea ben fina a rama de coandro e reparte sobre os ovos rancheiros. Serve inmediatamente.