Ovos á flamenca

Presentámosche unha receita completa e moi saborosa de comida tradicional española, fácil, deliciosa e económica: ovos a flamenca. Moi saborosa.

40 minutos 4 comensales

Presentámosche unha receita completa e moi salerosa da comida tradicional española, sinxela, riquísima e económica, que ademáis podes levar á túa mesa como prato único.

Os ovos á flamenca ofrecen as proteínas dos ovos de Pazo de Vilane, dos embutidos e os chícharos, ademáis de toda a fibra, minerais e vitaminas das verduras que os acompañan. Por se isto fora pouco, os hidratos de carbono están garantidos coas patacas…¿Qué máis se pode pedir?

Próbaos acompañados dunha boa rebanada de pan galego, amasado e enfornado amodo, como outrora (para mollar a pracer) e comprobarás que non fai falla moito para rozar a felicidade. Que aproveite.¡

Huevos a la flamenca

Trucos para conseguir uns ovos á flamenca inigualables

  • Se neste prato usas uns bos ingredientes pasarás dun sabor pasable a algo extraordinario. Non o dubides, escolle as mellores verduras de tempada, xamón e chourizo ibéricos e por suposto, ovos camperos fresquísimos de Pazo de Vilane… E xa nos contarás.
  • Frite as verduras co mínimo aceite e aproveita a graxa dos embutidos para terminar de pochalas a lume lento. Impregnaranse do característico sabor dos ibéricos e vanche quedar deliciosas.
  • Podes empregar calquera verdura que teñas na neveira. Nesta ocasión, fixémolos con allos porros, pero os ovos á flamenca tamén admiten ceboliña, ceboliño ou cebolas doces.
  • O prato gaña moito se empregas chícharos frescos, pero se non os atopas, tira de conxelados sen medo.
  • Deixa as potas no forno o tempo imprescindible para que callen as claras dos ovos. As xemas, pola súa parte, deben estar líquidas, para que se derramen e fundan ben co resto de ingredientes.

Ingredientes

  • 8 ovos camperos Pazo de Vilane
  • 4 liscos finos de xamón ibérico
  • 10-12 liscos de chourizo ibérico
  • 2 allos porros
  • 3 patacas medianas
  • 350 g de tomate frito caseiro
  • 150 g de chícharros
  • 3 dentes de allo
  • 1 chorriño de aceite de oliva
  • 1 pouquiño de sal e pimenta

Elaboración

  1. Pon a cocer os chícharos frescos entre 8 e 10 minutos desde que fervan, cun pouco de sal. Unha vez listos, cólaos e aparta.
  2. Mentres, frite as patacas, cortadas en taquiños pequenos. Engade ao aceite tres dentes de allo, que lle darán un regusto riquísimo.
  3. Cando as patacas estean case listas, engade os allos porros (só a parte branca e cortados en láminas finas). Finalmente, escorre de aceite e retira do lume a un prato aparte.
  4. A continuación, corta en trociños regulares os liscos de xamón ibérico e as de chourizo. Na mesma sartén de antes (sen lavar) frite a lume medio os embutidos ata que “suden” e solten a graxa. Entonces, incorpora as verduras, os chícharros e as patacas e saltea a lume lento un 4 o 5 minutos.
  5. Prequece o forno a 180º.
  6. Monta as potas: pon unha cama de verduras e patacas, unha capa de salsa de tomate caseira, e por último, dous ovos camperos en cada unha delas. Se queres, podes darlle un toque de sal e pimenta.
  7. Mete no forno uns 3 minutos a uns 180º de temperatura (o tempo dependerá do teu forno). Retira as potas en canto as claras estean feitas. Sírveas aínda quentes.
Subscríbete ao noso boletín
Mantente informado de todo o que acontece no Pazo de Vilane e goza das nosas actividades, sorteos, premios...
Información básica 1ª CAPA sobre Protección de Datos: Responsable: Pazo de Vilane | Finalidade: Contestar ás solicitudes de información do interesado, establecemento ou mantemento de Relacións Comerciais e posiblemente para o envío de publicidade. | Lexitimación: Consentimento do interesado e interese lexítimo no desenvolvemento da relación comercial | Destinatarios: Non se cede a información | Dereitos: Acceso, rectificación, supresión, limitación, oposición e portabilidade | Información adicional: Política de privacidade