Se algo teñen os ovos camperos é que dan un xogo increible na cociña. ¡Poucos ingredientes son tan versátiles¡ Podes comprobalo en canto probes os ovos encapotados, aos que podríamos chamar primos irmáns- verdadeiramente exquisitos- das croquetas pero moito máis xugosos.
Aos nenos encántalles os ovos encapotados e como é un prato rotundo e nutritivo, que se pode preparar con antelación (a falta da fritura final) soluciónate fácilmente unha cea como prato único.
No Pazo cando temos antoxo de ovos encapotados, preparamos bastantes e aproveitamos para conxelar unha boa remesa. Así, outro día, cando estamos perezosos e non queremos liarnos na cociña só temos que quecer aceite , freir, e servilos ben quentes . ¡Están deliciosos¡.
5 Trucos infalibles para conseguir uns ovos encapotados perfectos
- A bechamel debe estar bastante espesa. Cando se enfríe deberá ter unha textura ben sólida.
- Fríe ben os ovos, de maneira que a clara quede callada, pero a xema líquida, para que máis tarde, ao romper o ovo encapotado, se derrame deliciosamente por todo o prato.
- Se tes aros de empratar seráte moito máis sinxelo formar os ovos encapotados. Elíxeos do tamaño axeitado (ten en conta que deben aloxar un ovo frio no seu interior).
- Hai quen fai os ovos encapotados cun ovo cocido. No Pazo preferimos os fritos pola suculencia que lle da a xema líquida… Pero deixámolo a túa elección.
- Non teñas presa ao facer os ovos encapotados. É necesario deixalos arrefriar un tempo na neveira-ata que teñan unha textura axeitada- antes de rebozalos e freilos.
Ingredientes
- 6 ovos (4 ovos e 2 máis para o rebozado)
- 1 cullerada de aceite de oliva virxe extra
- 50 g de manteiga
- 110 g de fariña
- 800 g de leite enteira
- 1 culleradiña de sal
- 1 belisco de pimenta
- 1 belisco de noz moscada
- Pan relado
Elaboración
- Prepara a bechamel. Nunha pota bota a cullerada de aceite de oliva virxe extra e a manteiga e quece a lume lento, ata que se fundan.
- Engade moi pouco a pouco a fariña e move cunha culler de madeira.
- Engade a culleradiña de sal, un belisco de pimenta e un belisco de noz moscada.
- A continuación, engade a leite templada (non moi fria) cun chorriño fino e move coa culler de madeira, ata conseguir unha textura moi espesa e sen grumos.
- Deixa arrefriar na neveira uns minutos.
- Cando a bechamel xa estea fría, fríe tantos ovos como comensais. Reserva.
- Axúdate duns aros de empratar ou moldes pequenos. Fórraos con papel filme lixeiramente engrasado con aceite de oliva.
- Monta unha capa de bechamel, o ovo frito e outra por encima de bechamel. Tapa cos sobrantes do papel fime e leva os ovos encapotados unhas horas ao conxelador.
- Sácaos e rebózaos en ovo batido e pan relado.
- Fríe en abundante aceite quente e serve axiña