Unha receita sinxela e rica ondo as haxa: ovos cocotte con queixo de cabra e xamón ibérico. Ideal como entrante nunha cea especial.
De verdade que esta receita nunca nos falla. A combinación das verduras coa nata, o xamón e o queixo e os ovos camperos é sinxelamente deliciosa. ¡E para colmo é facilísima de facer¡
Prepárate e cíngueche o mandil que nos metemos entre fogóns…
Cómo facer ovos cocotte como o mellor chef francés
- Pinta todos os moldes para facer as cocotte con manteiga. ¡Verás qué sabor máis rico¡
- Non esquezas quecer o forno a 180º antes de meter os recipientes. Deberás contar uns 10minutos desde que os metes, pero...¡Cada forno é un mundo¡
- A clave está en que a clara calle , pero non así a xema, que debe quedar branda.
- No caso desta receita, non engadas moito xamón ibérico, pois o sabor do queixo de cabra é forte, e o prato poderíate quedar demasiado sabroso. Teno en conta e non te pases de sal.
Ingredientes
- 4 ovos camperos Pazo de Vilane
- 20 g de manteiga
- 1 chorriño de aceite de oliva
- ½ allo porro mediano
- 60 g de queixo rulo de cabra
- 100 g de xamón ibérico
- 60 ml de nata líquida para cociñar
- 30 g de ceboliño picado
- Sal
- Pimenta negra
Elaboración
- Quece o forno a 180ºC calor arriba e abaixo.
- Pinta con manteiga 4 moldes pequenos de cocotte.
- Quenta nunha tixola un chorriño de aceite de oliva e fríe o allo porro picadiño finiño.
- Cóceo ata que estea blandiño e transparente, pero sen chegar a caramelizalo. Engade un pouquiño de sal e pimenta.
- Mentres, vai poñendo unha cullerada sopeira de nata líquida en cada cocotte.
- Unha vez listo o allo porro, divídeo entre os catro recipientes.
- Engade tamén o queixo desmenuzado (pode ser un toriño en cada un deles)
- Casca un ovo en cada cunco, xusto encima.
- Leva todos os recipientes ao forno. En canto estean listos, sácaos e engade un lisco de xamón ibérico cortado moi fino e abundante ceboliño picado.
- Sírveo todavía ben quente. ¡Delicioso¡