Ovos cocotte con xamón e trufa

Propoñemos uns ovos de cocotte con xamón e trufa nunha cama de verduras, unha receita con nome de alta cociña pero que se elabora en 10 minutos no microondas

15 minutos 4 comensales

¡Ay qué riquiños están os ovos cocotte! E que sinxelos son de facer. Nesta ocasión desde Pazo de Vilane propoñémosche unos ovos cocotte con xamón e trufa sobre cama de verduras, unha receita con nome de alta cociña pero que se fai en 10 minutos de microondas.

Escolle uns bonitos cuncos aptos para o micro (e os nosos ovos camperos, ben frescos, naturalmente) e terás nun momento un segundo prato para invitados de chuparse os dedos e ben sinxelo.

Huevos cocotte con jamón y trufa

Alternativas para facer ovos cocotte con xamón e trufa se non tes todos os ingredientes

  • Os ovos cocotte están bós con todo, así que non teñas problema se botas en falta algún ingrediente dos que che propoñemos. Substitúe ...e sorprenderás.
  • Se a trufa che parece cara, ou non te resulta sinxelo atopala, podes comprar unha botelliña de aceite de trufa . Ten un sabor e un aroma tan intensos que con apenas unhas gotiñas bastará para impregnar todo o prato.
  • Se se che acabou o viño branco, podes engadir un pouco de caldo de pito, tamén lle dará un toque sabrosísimo.
  • ¿Encántache o queixo? Non o dubides, cando esteas rehogando as verduras e se evapore o alcol do viño branco, engade un paso opcional e bótalle queixo relado. Ao estilo suizo, xa sabes…
  • O xamón ibérico é o ideal, claro está; pero tamén está de chuparse os dedos calquer xamón serrano máis económico. Iso sí, que sexa recentemente cortado e ben finiño.
  • Propoñémosche cabaciña, ceboliña e ceboliño para a cama de verduras, pero podes refogar sen problemas todas as que teñas no caixón da neveira.

Ingredientes

  • 4 ovos camperos
  • 4 lliscos de xamón ibérico
  • 1 chorriño de viño branco
  • 1 culleradiña de manteiga
  • 1 chorriño de aceite de oliva
  • 1 cabaciña pequena
  • 1 ceboliña
  • 1 cenoria
  • 1 feixe pequeno de cebollino
  • 1 trufa (ou unhas gotas de aceite de trufa)
  • 1 pouquiño de finas herbas ao tu gusto: tomillo, orégano, perexil…
  • Sal e pimenta.

Elaboración

  1. Nunha tixola, quenta a lume medio unha cullerada de manteiga e un chorriño lixeiro de aceite de oliva.
  2. Mentres se vai cortando as verduras en xuliana. Se contas cunha mandolina, podes facer liscos finos de cabaciña.
  3. Saltea as verduras a lume vivo (sen que se queimen) e déixaas feitas, pero lixeiramente crocantes. Uns 6-7 minutos soen bastar. Salpimenta.
  4. Na metade do salteo das verduras, bota un chorriño de viño branco e sobre lixeiramente o lume, para que se evapore o alcol. Espolvorea coas finas herbas ao teu gusto.
  5. Cando estean listas, sírveas nos cuncos, e casca un ovo en cada un.
  6. Reparte os trociños de xamón do tamaño dun bocado para que sexan sinxelos collelos co garfo, e ben pon por riba uns liscos finos de trufa ou unhas gotiñas do seu aceite.
  7. Tapa cun papel film de cociña e lévao ao microondas a máxima potencia 1 minuto.
  8. Sácao e comproba (cada micro é un mundo). En caso de que o ovo estea demasiado ou pouco callado, rectifica de tempo. Serve quente.
Subscríbete ao noso boletín
Mantente informado de todo o que acontece no Pazo de Vilane e goza das nosas actividades, sorteos, premios...
Información básica 1ª CAPA sobre Protección de Datos: Responsable: Pazo de Vilane | Finalidade: Contestar ás solicitudes de información do interesado, establecemento ou mantemento de Relacións Comerciais e posiblemente para o envío de publicidade. | Lexitimación: Consentimento do interesado e interese lexítimo no desenvolvemento da relación comercial | Destinatarios: Non se cede a información | Dereitos: Acceso, rectificación, supresión, limitación, oposición e portabilidade | Información adicional: Política de privacidade