Ovos cocotte con cogomelos silvestres

Fácil, rápido e digno dun chef. A untuosidade dos ovos á cocotte combina perfectamente co aroma de campo dos cogomelos. ¿Podes resistir?

30 minutos 4 comensales

Sinxela, rápida e digna dun chef. Nesta receta a untuosidade dos ovos á cocotte casa á perfección co aroma “a campo” dos cogumelos silvestres. Por si fora pouco, a mestura de queixos e o toque fresco do romeu marcan a diferenza. ¿poderás resistirte?

Proba esta receita de ovos cocotte e cogumelos silvestres que farás nun momento , en apenas 15 minutos de cociñado, o resto é tempo de forno. Sírvete un vaso de viño branco mentres tanto e reláxate porque ¡xa tes lista a cea¡.

Huevos cocotte con setas

Tres trucos básicos para enfornar ovos cocotte

  • Faite cuns bos cuncos aptos para o forno. Elíxeos do tamaño ideal para unha ración individual. Non son caros e a inversión merecerá a pena.
  • Pódense cociñar ovos cocotte con deceas de ingredientes. Se non tés algún dos que che propomos , mira na neveira, ou no armario das conservas, e bótalle imaxinación.
  • Os ovos cocotte permítenche presentacións de luxo a un precio sensacional. Por iso, son perfectos para ceas con invitados, como entrante lixeiro ou como segundo (só depende de qué ingredientes empregues).
  • No caso desta receita, se non atopas cogumelos silvestres podes usar de viveiro, ou incluso unha conserva.

Ingredientes

  • 8 ovos camperos Pazo de Vilane
  • Romeu fresco
  • 150 g de queixo de vaca tenro
  • 200 g de cogumelos silvestres
  • 1 vasiño de Xerez
  • 3 dentes de allo
  • 1 cebola
  • Queixo parmesano relado
  • Pimenta negra
  • Sal
  • 50 g de manteiga
  • Un chorriño de aceite de oliva

Elaboración

  1. Lava e corta os cogumelos en trociños pequenos e reserva.
  2. Lava o romeu e pela a cebola e os dentes de allo. Corta todo en brunoise ou dados pequenos.
  3. Nunha tixola, pocha cun chorriño de aceite de oliva ou manteiga todo o anterior.
  4. Prequenta o forno a 160º C.
  5. Engade os cogumelos á tixola e deixa que se fagan durante 3 minutos. Despois, salpimenta e sobe o lume.
  6. Engade o xerez, a lume forte, deixa que se evapore o alcol . Retira do lume.
  7. Vai colocando unha base de cogumelos e resto das verduras en cada cunco.
  8. Engade outra capa do queixo de vaca troceado cun pouco de parmesano relado e pimenta.
  9. Finalmente, casca dous ovos camperos Pazo de Vilane en cada cunco e volve a botar parmesano por riba.
  10. Enforna todos os cuncos na bandexa do forno durante 6 minutos.
  11. Serve quente.
Subscríbete ao noso boletín
Mantente informado de todo o que acontece no Pazo de Vilane e goza das nosas actividades, sorteos, premios...
Información básica 1ª CAPA sobre Protección de Datos: Responsable: Pazo de Vilane | Finalidade: Contestar ás solicitudes de información do interesado, establecemento ou mantemento de Relacións Comerciais e posiblemente para o envío de publicidade. | Lexitimación: Consentimento do interesado e interese lexítimo no desenvolvemento da relación comercial | Destinatarios: Non se cede a información | Dereitos: Acceso, rectificación, supresión, limitación, oposición e portabilidade | Información adicional: Política de privacidade