Ovos ao prato con migas

Se os ovos ao prato son unha auténtica delicia por si mesmos, acompañados dunhas deliciosas migallas convértense nunha experiencia

40 minutos 8 comensales

Os ovos ao prato con migas están boísimos a calquera hora e en tódalas súas versións- ¡será por variacións rexionais¡- pero no Pazo gozámolos especialmente como almorzo ou xantar contundente nas mañás frías, cando volvemos de revisar os galiñeiros ou saimos a pasear ao campo.

¡Qué ricos nos saben a esas horas¡

Ademáis, o bo desta receita de migas con ovos que che traemos- inspirada nas terras extremeñas- é que non emprega embutido nin polo tanto, graxas animais: só leva pan caseiro, aceite de oliva, pimentón, allo e pimentos, ademáis dos ovos camperos máis frescos do mundo, faltaría máis.

Apunta tódolos pasos e leva á túa mesa este prato en canto teñas ocasión. ¡Verás qué prato da cociña tradicional española máis sinxelo e deliciosio¡.

Todas as claves para triunfar cos teus ovos ao prato con migas

  • Unha das claves para facer unhas boas migas é elexir o pan axeitado. O mellor é o candeal, de fogaza. Con esa miga consistente e densa, ¡non podes fallar¡.
  • Ademáis, é moi importante que fagas un bo corte fileteado, é dicir, miúdo e fino, de forma similar a como preparas as patacas para a tortilla.
  • Se tes tempo, é mellor que deixes o pan húmido toda unha noite dentro dun bol e tapado cun pano, para asegurarte de que absorbe ben a humidade.
  • Esa mesma falta de présa é moi importante na preparación das migas: o ideal é cociñalas a lume moi lento, desfacéndoas cunha culler de madeira, ata deixalas o máis soltas posible.

Ingredientes

  • 4-6 ovos camperos Pazo de Vilane
  • 600 g de pan candeal xa duro
  • 6 culleradas sopeiras de aceite de oliva virxe extra
  • 10 dentes de allo
  • 1 pimento vermello
  • 1 vaso de auga
  • 1 culleradiña de sal
  • 2 culleradas de pimentón doce da Vera

Elaboración

  1. Filetea o pan nun bol.
  2. Engade a cucheradiña de sal nun vaso de auga e disólvea ben
  3. Verte a auga sobre o pan, móveo ben coas mans, para que quede ben empapado e tapa cun pano limpo. Deixa que repose (se tes tempo, toda unha noite).
  4. Unha vez o pan estea listo, pon unha tixola ao lume con aceite e sofrite a lume medio os allos, enteiros e con camisa, pero aplastados. Resérvaos.
  5. Engade o pimento vermello cortado en tiras pequenas, dalle unhas voltas e engade as dúas culleradas de pimentón. SE che gusta que teña “un toqueciño” podes empregar a metade de doce e a metade de picante. Sofrite uns segundos (non deixes que se queimen).
  6. Baixa o lume ata o mínimo e engade o pan. Vai separando as migas cunha culler de madeira, dándolles voltas. Engade os allos e segue cociñando.
  7. Prequece o forno a 180º.
  8. Un pouco antes de que as migas estean feitas do todo sácaas e sírveas en cazolas de barro individuais.
  9. Chega o momento culminante: casca un ou dous ovos (ao gusto) en cada pota e méteas ao forno. Déixaas uns 10 minutos, ou ata que vexas que a clara está callada- é mellor que a xema estea líquida, para darlle xugosidade ao prato.
  10. Serve as cazolas todavía quentes.
Subscríbete ao noso boletín
Mantente informado de todo o que acontece no Pazo de Vilane e goza das nosas actividades, sorteos, premios...
Información básica 1ª CAPA sobre Protección de Datos: Responsable: Pazo de Vilane | Finalidade: Contestar ás solicitudes de información do interesado, establecemento ou mantemento de Relacións Comerciais e posiblemente para o envío de publicidade. | Lexitimación: Consentimento do interesado e interese lexítimo no desenvolvemento da relación comercial | Destinatarios: Non se cede a información | Dereitos: Acceso, rectificación, supresión, limitación, oposición e portabilidade | Información adicional: Política de privacidade