Día tristón? Levántache o ánimo con esta receita de dúas minutiños: Mug Cake de Chocolate e Crema de Abelá. Sairache de chuparse os dedos, e aínda que é calórica, só leva ingredientes naturais. Por un día… ben podes darche un capricho!
Para decorala, usa nata montada ou, se che gustan os sabores con carácter, engade un pouco da nosa marmelada artesá de froitos do bosque ou de arandos. A dozura do chocolate coa lixeira acidez dos froitos vermellos encántanos.
Próbao e xa nos dirás.
Algúns trucos para facer famosos os teus mug cakes
- Se engades 1/4 cucharadita de levadura, o teu mug cake non se encollerá tanto cando o saques do microondas.
- Os tempos de microondas son orientativos. Observa o teu mug cake: estará listo en canto leve.
- Podes reproducir esta receita en cuncas individuais e servilas como sobremesa nunha comida familiar ou nunha festa de aniversario con nenos.
- Se reduces a cantidade de azucre serán máis saudables e case non notarás a diferenza.
Ingredientes
- ¼ de cunca de fariña de trigo
- ¼ de azucre
- 3 culleradas de cacao en po
- 1 ovo campeiro Pazo de Vilane
- 3 culleradas de leite
- 3 culleradas de aceite de xirasol
- 1-2 culleradas grandes de crema de abelá
- Nata montada ou marmelada Pazo de Vilane
Elaboración
- Nunha cunca tipo mug, apta para microondas, como a nosa mug de Pazo de Vilane, pon ¼ de cunca de fariña de trigo, ¼ de azucre, e 3 culleradas de cacao en po.
- Engade 1 ovo campeiro Pazo de Vilane, 3 culleradas de leite e mestura ben.
- Incorpora 3 culleradas de aceite de xirasol e 1 ou 2 culleradas grandes de crema de abelá.
- Bate ben e lévao ao microondas ata que suba.
- Adórnao con nata montada, marmeladas artesás ou froitos vermellos.