A receita para preparar unha boa ensalada de pasta é moi sinxela. O importante é que consigas alimentos de primeiro nivel para acompañar aos macarróns. Ademais, é súper práctica xa que podes ir variándoa con diferentes ingredientes para nunca aburrirte dela. En Pazo de Vilane propoñémos acompañala de atún, queixo e tomate fresco. Unha combinación fresca, ideal para os días de calor. Escolle o tomate que máis che guste e o tipo de queixo tamén á túa elección. A que esperas?
Ingredientes
- 2 ovos campeiros de Pazo de Vilane
- 250 g. de macarróns
- 1 lata de atún grande
- Tomate fresco
- Queixo
- Sal
- Aceite
- Vinagre
Elaboración
- Cocemos os deliciosos ovos de Pazo durante 10 minutos.
- Noutra cazola, botamos a pasta en auga fervendo con sal e un chorro de aceite. Cando estean ben cocidos, escorremos e deixamos arrefriar.
- Partimos o tomate en anacos alongados para evitar que se desfaga. Collemos o anaco de queixo e picámolo en cuadradiños.
- Nunha fonte ampla mesturamos, tomate, queixo e atún migado xunto cos macarrones.
- Aderezamos ao gusto con sal, aceite e vinagre.