Ensalada César

A ensalada César é un clásico entre os amantes da ensalada. Se queres preparalo na casa facilmente, esta receita é o que buscas

15 minutos 4 comensales

Traémosche a receita da Ensalada César, unha das máis ricas e fáciles de preparar, con ingredientes que de seguro tes na casa e que encanta a todos, nenos e maiores.

É un prato extraordinario e moi frecuente en restaurantes de todo o mundo, que se sirve con algunhas variacións: con ou sen polo, con ou sen carochos, con distintos tipos de queixo ou mesmo con diferentes clases de leituga, segundo os gustos da clientela ou as preferencias de cada chef.

Agora ben, en Pazo de Vilane non renunciamos ao ingrediente estrela, os ovos cocidos adobados coa salsa especial César, unha receita que procede do “saber facer” das mammas italianas de principios do séculos XX e que detallamos máis abaixo.

Toma nota que vas chupar os dedos…

Ensalada César

Historia da Ensalada César

  • Nós tamén caemos na trampa e pensamos que a Ensalada César debía o seu nome ao famoso emperador romano. Pero non. En realidade, esta delicia inventouna un chef italiano, Caesar Cardini, emigrado a Tijuana, México, en 1924, quen rexentaba xunto co seu irmán varios restaurantes.
  • Unha fin de semana chegou unha multitude de turistas non esperados a un dos seus establecementos; non tiñan moito que ofrecerlles, así que Caesar Cardini meteuse na cociña e improvisou con restos: ovos cocidos, leituga, queixo italiano e pan.
  • Ademais, preparou o aliño co que a súa nai adubaba os escasos alimentos que chegaban á súa mesa na Italia pobre de comezos de século.
  • Caesar Cardini presentoulles aos turistas a súa “ensalada César” como o prato estrela da casa. Tivo un éxito enorme e pronto moitos restaurantes da zona oeste de Tijuana comezaron a imitalo.
  • Anos máis tarde, en 1938, Cardini afincouse en Los Ángeles e comezou a embotellar a súa famosa salsa, que presentou como “Cardini´s Original Caesar Dressing Mix” e comercializouna a través da compañía “Cardini Foods”, de Culver (California).
  Ensalada César

Ingredientes

  • 50-100 g de queixo parmesano en lascas
  • ¼ de barra de pan do día anterior
  • 4 ovos campeiros Pazo de Vilane
  • 1 bolsa de brotes tenros de leituga
  • 1 chorriño de aceite de oliva
  • 2 filetes de polo empanados ou á prancha (opcional)
  • Para o aliño ou salsa César:
  • 1 cunca grande de maionesa caseira
  • 3 anchoas
  • 1 chorriño de zume de limón
  • 1 dente de allo pequeno
  • 1 belisco de pementa branca
  • 1 belisco de queixo raiado parmesano (ao gusto)

Elaboración

  1. Corta unhas rebandas de pan e dóuraas nunha tixola, a lume medio, cun chorriño de aceite de oliva. Resérvaas nun prato cun papel absorbente de cociña, para que solten o exceso de graxa.
  2. Prepara o aliño seguindo a nosa receita de maionesa caseira, pero non engadas sal. A partir de aí, incorpora as anchoas cortadas en anaquiños, o zume de limón, o allo, a pementa branca e o queixo raiado parmesano e bate moi ben.
  3. Coce os ovos (10 minutos a partir da primeira fervura) e, mentres, forma unha cama de leituga e coloca os carochos, os dous filetes de polo cortados en tiras finas e o queixo parmesano en pequenas lascas.
  4. Saca os ovos e déixaos arrefriar (podes acelerar o proceso meténdoos en auga fría). Pélaos, córtaos en cuartos, coloca sobre a ensalada César e finalmente baña co aliño.
  5. Non é necesario que engadas sal, o aliño e o queixo parmesano xa lle dan moito sabor ao prato.
Subscríbete ao noso boletín
Mantente informado de todo o que acontece no Pazo de Vilane e goza das nosas actividades, sorteos, premios...
Información básica 1ª CAPA sobre Protección de Datos: Responsable: Pazo de Vilane | Finalidade: Contestar ás solicitudes de información do interesado, establecemento ou mantemento de Relacións Comerciais e posiblemente para o envío de publicidade. | Lexitimación: Consentimento do interesado e interese lexítimo no desenvolvemento da relación comercial | Destinatarios: Non se cede a información | Dereitos: Acceso, rectificación, supresión, limitación, oposición e portabilidade | Información adicional: Política de privacidade