Aquí tes unha receita de ensalada campeira que te encantará. Variar coas ensaladas que facemos en casa é unha das claves para levar unha dieta sa e equilibrada e con esta rica variedade de ingredientes, tela asegurada. Propoñémos que a fagas para catro comensais pero sempre podes adaptala ás cantidades que necesites. Pensa tamén nos ingredientes que vos gustan; pódese engadir tamén berenxena ou cabaciña para darlle un toque diferente.
Ingredientes
- 3 ovos campeiros de Pazo de Vilane
- 500 g de patacas
- 1 ceboliña
- 1 pemento vermello
- 1 pemento verde
- 2 tomates
- 1 lata de atún
- Sal
- Aceite
- Vinagre
Elaboración
- Empezamos por cocer os ovos campeiros durante 10 minutos. Retiramos do lume e pelamos tras este tempo. Cortámolos en anaquiños.
- Ao mesmo tempo, poñemos a cocer as patacas xa peladas. Ao cabo de 20-25 minutos picamos para ver se están ben cocidas.
- Lava as verduras e pícaas en pedazos non moi pequenos. Podes optar por partir á xuliana tanto o pemento como a ceboliña. Os tomates mellor en anacos máis grandes.
- Nunha fonte alongada colocamos as patacas en láminas como fondo. Sobre ela envorcamos o atún, que migamos segundo engadamos, os ovos de Pazo de Vilane e as verduras.
- Nun recipiente mesturamos aceite e vinagre cun chisco de sal para facer unha sinxela salsa vinagreta. Removemos e botamos por encima dos ingredientes.