Ensalada de arroz

Estamos seguros de que esta ensalada de arroz converterase nun dos vosos pratos favoritos este verán: pola súa orixinalidade e exotismo!

25 minutos 4 comensales

O arroz e os ovos campeiros fan unha parella estupenda: comprobaralo de seguido con esta saborosa ensalada de arroz que podes variar en mediterránea ou marroquí, segundo o gusto dos teus comensais ou a temática da túa comida.

Iso si, escollas a versión que escollas, estamos seguros de que esta ensalada de arroz se vai converter este verán nun dos teus pratos preferidos: pola súa orixinalidade e exotismo!

 

Ensaladas de arroz

Ensalada de arroz: convértea en mediterránea ou marroquí segundo che apeteza

  • O interesante desta ensalada de arroz é que lle podes dar un toque máis mediterráneo ou oriental (segundo teñas o día) con só variar o adubo ou as especias e sen modificar os ingredientes principais.
  • Se prefires a ensalada de arroz mediterránea, engade uns anaquiños de olivas negras e uns taquiños de tomate natural. Acada o punto máis refrescante facendo un adubo de aceite de oliva, allo e unhas follas de albáfega ben machucadas.
  • Pola contra, se a túa paixón é a comida norteafricana, sofrite nunhas gotiñas de aceite de oliva unha culleradiña de curry e outra de canela e mestura coa ensalada cando a emulsión estea fría. Engade, ademais, uns taquiños de coco fresco.
Ingredientes para ensalada de arroz

Ingredientes

  • 250 g de arroz basmati, integral ou xasmín
  • 2 ovos campeiros Pazo de Vilane
  • ½ cunca de pasas
  • ½ cunca de améndoas machucadas
  • 4 allos tenros
  • Ceboliño fresco
  • 1 pisco de sal
  • 1 pisco de pementa
  • 4-5 culleradas de aceite de oliva
  • 1 chorriño de vinagre
  • ½ cunca de olivas negras (opcional)
  • 6-7 follas de albáfega (opcional)
  • 1 dente de allo pequeno (opcional)
  • 1 cunca de anaquiños de tomate natural (opcional)
  • 1 cunca de anaquiños de coco (opcional)
  • 1 culleradiña de curry (opcional)
  • 1 culleradiña de canela (opcional)

Elaboración

  1. Ferve o arroz con abundante auga e sal, tal como indique o paquete. Os máis recomendables para ensaladas son os das variedades basmati, integral ou xasmín. Deixa arrefriar e reserva nunha fonte.
  2. Mentres, coce os ovos campeiros durante 10 minutos (tras o primeiro fervor). Sácaos e arrefríaos en auga moi fría. Cando estean listos, pélaos e córtaos en anacos moi miúdos. Engade e mestura co arroz.
  3. Pica igualmente os allos tenros e o ceboliño e incorpóraos.
  4. Se che gusta a versión mediterránea, pica as olivas negras e o tomate natural, ben vermello. Engade e mestura.
  5. A continuación, prepara unha vinagreta con aceite de oliva, un chisco de vinagre, e as follas de albáfega e o dente de allo ben machucados. Engade ao arroz e remove.
  6. Se prefires a versión do norte de África, quenta o aceite de oliva coas culleradas de curry e canela e mestura xunto aos anacos de coco.
  7. En ambas as dúas versións, e xusto antes de servir, engade as pasas e as améndoas.
  8. Rectifica de sal e pementa se é necesario.
Subscríbete ao noso boletín
Mantente informado de todo o que acontece no Pazo de Vilane e goza das nosas actividades, sorteos, premios...
Información básica 1ª CAPA sobre Protección de Datos: Responsable: Pazo de Vilane | Finalidade: Contestar ás solicitudes de información do interesado, establecemento ou mantemento de Relacións Comerciais e posiblemente para o envío de publicidade. | Lexitimación: Consentimento do interesado e interese lexítimo no desenvolvemento da relación comercial | Destinatarios: Non se cede a información | Dereitos: Acceso, rectificación, supresión, limitación, oposición e portabilidade | Información adicional: Política de privacidade