A carne de ourizo, todo un manxar coñecido por moi poucos (pero moi apreciado polos que o probaron) achégalle á crema un intenso sabor a mar. E as xemas de ovos camperos de Pazo de Vilane, da viva cor alaranxada e textura envolvente, o mellor da terra.
¿Imaxínaste o resultado? Pois é un prato digno do restaurante máis “chic”.
Avisamos: a carne de ourizo non é barata, menos aún se é fresca. Pero se tes unha celebración por diante, como o aniversario dun adulto, unha festa navideña, un aniversario, ou a cea de namorados (ollo que din que o ourizo é afrodisíaco) merece a pena o desembolso. ¡Un día é un día¡
Trucos do Pazo para preparar a crema de xemas con ourizo sen que se che pinche o bolsillo
- Esta receita é idónea para os meses máis fríos, de decembro a marzo, que é cando poderás atopar no mercado os ourizos galegos máis frescos.
- Agora ben, se tivéramos que recomendarche un momento, inclinaríamonos polo mes de xaneiro, cando baixan os precios despois das festas de Nadal e os ourizos están en plena tempada.
- Pero se che apetece servir esta crema noutra época do ano podes preparala cunha boa conserva de carne de ourizo. A vantaxe é que che sairá moito máis rápido e sinxela.
- Ahí vai outro dos nosos trucos do Pazo: a receita tamén queda riquísima se empregas outros mariscos ou moluscos, como a carne dunhas vieiras ou uns mexillóns ben triturada. Incluso, tamén podes aproveitar as ovas dunha centola ou boi de mar (femias, claro).
Ingredientes
- 4 xemas (de 4 ovos camperos) de Pazo de Vilane
- 1 chorriño de aceite
- Carne de ourizo
- 1 chorriño de vermut
- Champiñóns (ben limpos)
- Opcional: picatostes feitos con pan duro
Elaboración
- Prepara un bol (un caciño pequeno ou similar , dentro doutro) para cociñar ao baño maría. Verte as dúas xemas de ovo e bate con barelas, lixeiramente, emulsionando cun pequeno chorriño de aceite de oliva.
- Segue batendo ata que dobres o seu volume.
- Aparte, extrae con coidado a carne do ourizo e colócaa nun cunco. Engade un chorriño de vermut e cunha batedora ou robot de cociña fai unha crema ou puré.
- Engade nas xemas a crema de ourizo, conservando a temperatura suave do baño maría durante uns minutos. É importante que non se quente demasiado. Se é necesario , aparta do lume de vez en cando.
- Emprátao en cuncos ou pratos fondos. Como adorno coloca uns xerminados ou unhas láminas moi finas de champiñóns da variedade Portobello.
- Aínda que este paso é opcional, darraslle un toqueciño crocante moi orixinal se engades uns picatostes de pan fritos en aceite de oliva.