Caldo de polo e setas con xema

Goza dun reconfortante caldo de polo combinado con cogomelos e cuberto con xema de ovo campero. Sinxelo, barato ... e delicioso!

140 minutos 4 comensales

En días ventosos e desapacibles, non hai nada para arreglarte o corpo coma un bo caldiño de polo, feito despacio e con cariño.

Se por riba lle sumas como guinda unha xema ben fresca de ovo campero de Pazo de Vilane, e o sabor profundo e aromático das setas, entenderás aquelo de “Non nos falten sopas e que non sean poucas.”

Ingredientes

  • 4 ovos camperos Pazo de Vilane
  • 1 y 1/2 litro de auga
  • 6-7 alitas de polo
  • 1 puerro
  • 2 zanorias
  • 1 patata
  • Un trozo de alga kombu (opcional)
  • Unha pizca de sal
  • Unha cucharadiña de xantana (espesante natural) ou maicena
  • 250 gr. de setas variadas (shiitake, champiñón portobello, etc.)
  • Allo e guindilla ó gusto.

Elaboración

  1. Fai un caldo coas verduras (puerro, zanorias, patata,…) e as alitas de polo. Deíxao cocer a lume lento durante dúas ou tres horas.
  2. Opcionalmente, podes engadir un trociño (previamente lavado, para quitarlle a sal) de alga kombu. Axudarate a espesar o caldo e daralle un sabor moi rico.
  3. Cando acabe a cocción, cólao para deixalo moi fino, translúcido e limpo. Outra opción é deixalo reposar ata o día seguinte e quitarlle a capa superior de grasa.
  4. Se te gusta algo máis espeso, unha vez colado engade un pelín de santana ou fariña de millo.
  5. Limpa as setas cun pano limpo ou cun cepilliño, saltéaas con aceite , allo e guindilla nunha sartén e reserva.
  6. Separa as xemas das claras e quédate só coas primeiras. Serán as que aporten cor e unha explosión de sabor ao prato.
  7. Listos para servir: verte un par de caciños de caldo nun bo prato sopero, coloca unha preciosa xema de ovo campero Pazo de Vilane e adorna, aquí e acolá , cunhas setas salteadas ao redor.
Subscríbete ao noso boletín
Mantente informado de todo o que acontece no Pazo de Vilane e goza das nosas actividades, sorteos, premios...
Información básica 1ª CAPA sobre Protección de Datos: Responsable: Pazo de Vilane | Finalidade: Contestar ás solicitudes de información do interesado, establecemento ou mantemento de Relacións Comerciais e posiblemente para o envío de publicidade. | Lexitimación: Consentimento do interesado e interese lexítimo no desenvolvemento da relación comercial | Destinatarios: Non se cede a información | Dereitos: Acceso, rectificación, supresión, limitación, oposición e portabilidade | Información adicional: Política de privacidade