Cabaciñas Pretzel

Traémosche uns pretzels deliciosos cunha forma moi orixinal para celebrar o Halloween coma nunca coa túa. Genial!

50 minutos 5 comensales

¡Qué beleza de cabazas¡ Estes boliños pretzel a modo de cabaciñas son o complemento ideal de calquera reunión ou encontro con amigos, porque decoran por sí sós calquer mesa e ademáis apetecen a calquera hora.

E é que os pretzels (ou bretzels) son súper versátiles: admiten todo tipo de recheos, tanto doces como salgados. ¿Probáchelos con doce de leite e compota de mazá? ¿Ou con marmelada de arandos de Pazo de Vilane? Non deixes de experimentar tamén coas súas múltiples versións salgadas, como salmón afumado e queixo cremoso ou unha pasta de queixo relado, xamón, espinacas frescas e un pouquiño de maionesa. ¡Delicioso¡.

Por certo, con esta receita “non deixes para mañá o que podas facer hoxe”. Calquer alemán estaría dacordo en seguir o noso consello: os pretzel están pensado para consumilos no momento- mellor aínda se todavía están quentes- así que trata de planificarte para sacalos do forno xusto antes de servilos.

Pretzels o bretzels en forma de calabaza

Orixe dos Pretzels (ou bretzels) e algunhas curiosidades

Ainda que a orixe remota destes boliños non está de todo claro, sí existen testemuñas gráficas e pictóricas que os sitúan con seguridade ao menos na Idade Media.
  • Hai fontes que aseguran que os pobos xermánicos festexaban con estes boliños-pans o comezo da primavera. Seguindo esta corrente histórica, os pretzels simbolizarian os cornos dun carneiro (a imaxe da constelación de Aries).
  • En torno ao ano 600, os benedictinos nos mosterios premiaban aos nenos cun bretzel se facían ben todos os deberes e se sabían as oracións. A forma cruzada típica destes pans asemellaba a un neno rezando.
  • Xa no século XII aparece no libro Hortus Deliciarum, escrito polas monxas dun convento de Alsacia a primeira imaxe dun pretzel. Trátase dun banquete que presiden a raiña Ester e o seu esposo, o rei Persa Jerjes. Xusto á dereita deste último aparece o boliño.
  • No século XVIII numerosos alemáns emigraron a EEUU, concretamente ao estado de Pensilvania. Moitos eran panadeiros, e exportaron esta rica receita, agora moi popular en todo Norteamérica, onde se venden en postos rueiros nas grandes cidades.
  • Hoxe en día todavía perdura a tradición no sur católico de Alemania de levar bretzels xunto ás palmas que se levan a bendecir á Igrexa no Domingo de Ramos.

Ingredientes

  • 500 g fariña
  • 100 g auga
  • 170 g leite
  • 5 g fermento seco
  • 7 g mel
  • 2 xemas de ovos Pazo de Vilane
  • 25 g manteiga
  • 5 g sal
  • 2 litros de auga
  • 50 g de bicarbonato sódico

Elaboración

  1. Mestura o leite co fermento e coa fariña e deixa repousar 1 hora.
  2. Despois engade o resto de ingredientes: auga, mel , as xemas dos ovos, a manteiga e o sal. Amasa ben. Deixa repousar toda a noite na neveira, ata que dobre a súa volume.
  3. Ao día seguinte saca da neveira e deixa que arrefríe. Divide en 10 porcións e dalle forma de boliño.
  4. Forma as cabazas coa axuda dun cordel. Só deberás atar as masas como se fosen paquetes de agasallo, apretando lixeiramente para que queden marcadas.
  5. Pon auga a ferver co bicarbonato e escalda cada boliño durante 10 segundos (retira inmediatamente e coloca na bandexa do forno).
  6. Espolvorea con sal gordo e mete ao forno uns 20 minutos a 180º.
Subscríbete ao noso boletín
Mantente informado de todo o que acontece no Pazo de Vilane e goza das nosas actividades, sorteos, premios...
Información básica 1ª CAPA sobre Protección de Datos: Responsable: Pazo de Vilane | Finalidade: Contestar ás solicitudes de información do interesado, establecemento ou mantemento de Relacións Comerciais e posiblemente para o envío de publicidade. | Lexitimación: Consentimento do interesado e interese lexítimo no desenvolvemento da relación comercial | Destinatarios: Non se cede a información | Dereitos: Acceso, rectificación, supresión, limitación, oposición e portabilidade | Información adicional: Política de privacidade