Non hai quen supere esta receita: o comodín máis básico da repostaría, o biscoito moi sinxelo e delicioso. E tamén o máis fácil!
Non mancharás a cociña, tardarás un santiamén e terás á man un alimento delicioso para almorzos e merendas (ou para darse un capricho entre horas).
Segue os nosos pasos e non fallarás.
Biscoito de iogur: todos os trucos para cociñeiros novatos
- O iogur pode ser natural ou de limón, segundo prefiras. É Mellor se é enteiro.
- Os ovos deben ser campeiros, de verdadeira calidade, como os de Pazo de Vilane, postos por galiñas criadas en liberdade e en pastos verdes. Podes atopalos en todos estes puntos de venda.
- Para que o teu biscoito suba ben, segue estes tres pasos: prequenta antes o forno, bate con unhas varillas e non abras a porta do forno mentres se estea facendo. Faino así e non fallarás.
- Tamén é importante que tanto os ovos como a manteiga estean a temperatura ambiente.
- Para evitar que o biscoito baixe de golpe ao final, respecta o último paso: o repouso de 10 minutos dentro do forno coa porta entreaberta.
- Por último, non tentes desmoldalo antes de que arrefríe por completo: custarache moito máis ou, peor aínda, romperase.
Ingredientes
- 4 ovos camperos
- 1 iogur
- 2 medidas de azucre (vaso do iogur)
- 1 medida de aceite de xirasol
- 3 medidas de fariña de repostaría
- 1 sobre de lévedo
- Reladura dun limón
- Un chisco de sal
- Manteiga para o molde
Elaboración
- Prequenta o forno a 180 ºC durante 10 minutos. Bota o iogur nun recipiente á parte e resérvao.
- Nun recipiente grande, bate cos batedores os 4 ovos e as 2 medidas de iogur de azucre.
- Engade o iogur e unha medida de aceite de xirasol.
- Tamiza a fariña nun recipiente á parte, mide 3 vasos e engádea á masa. Bota o sobre de lévedo e segue batendo.
- Ralla a cortiza do limón (só a parte amarela, xa que a branca amarga).
- Mete no forno sobre a reixa, a 180 ºC, con calor arriba e abaixo, durante 30-40 minutos (depende do teu forno).
- Comproba se está feito introducindo a punta dun coitelo. Se sae limpa, está listo.
- Apaga o forno, entreabre a porta e deixa repousar o biscoito durante 10 minutos máis.
- Saca o molde do forno e déixao sobre unha encimera.
- Cando estea completamente frío (non antes), desmolda.