Bandullo

Descobre con Pazo de Vilane a receita do bandullo, unha sobremesa típica galega que se caracteriza polo seu sabor e a súa sinxeleza. Non o perdas!

60 minutos 8 comensales

Din que os bos recordos volven á memoria coa calor dos aromas agradables. E debe ser certo, porque sempre que percibimos o doce aroma do bandullo no forno do Pazo de Vilane comezamos a rememorar días de festa, familia e as risas da nosa infancia.

As nosas avoas –e mesmo as bisavoas– adoitaban  preparar esta sobremesa (que lembra un pouco aos pudíns ingleses) en datas sinaladas como o Nadal ou o Entroido (o Entroido galego). Naturalmente, utilizaban ovos “da casa”, recollidos do galiñeiro moitas veces o mesmo día. Nese aspecto, pouco cambiamos.

O bandullo era unha receita das mulleres galegas sabias, desas que sabían aproveitar os alimentos que tiñan pola casa e brillar nas ocasións especiais. É xusto o que precisamos hoxe en día: unha sobremesa que cunde se sodes moitos na mesa, e que se elabora con ingredientes naturais e moi accesibles.

Por certo, recentemente o programa Fun polo Aire da Televisión de Galicia (TVG) visitounos para coñecer os nosos ovos campeiros e a nosa receita familiar de bandullo. Begoña, a nosa querida cociñeira, preparou en pouco tempo este doce mentres Nuria explicaba aos telespectadores as raíces e orixes do bandullo na familia Varela-Portas, ligada ao Pazo de Vilane desde o século XVIII.

Déixoche todos os ingredientes e pasos máis abaixo. Ou, se o prefires, podes seguir a Begoña neste vídeo. Xa nos contarás que tal che sae!

 

Pan bandullo

 

Mezcla para bandullo

 

Mezcla final bandullo

 

Masa para bandullo

 

Bandullo antes de hornear

 

Receta de bandullo

Receta de bandullo

Ingredientes

  • 500 ml de leite entera
  • Media barra de pan en migas miúdas (mellor reseso)
  • 100 gramos de pasas
  • 1 puñado de piñóns
  • Raiadura de limón
  • 2 culleradas de manteiga
  • 6 culleradas de azucre
  • 6 ovos

Elaboración

  1. Pon o pan en remollo no leite.
  2. Engade tódolos ingredientes, menos os ovos e a manteiga á mestura.
  3. Derrete a manteiga e engádea.
  4. Bate os ovos e incorpóraos. Mestura todo cunha culler de madeira.
  5. Unta un molde con manteiga e espolvorea con fariña.
  6. Coloca un papel de forno no fondo e bota a mezcla.
  7. Introduce o molde no forno ao baño María (calor arriba e abaixo) a 180º, uns 45 minutos (dende que ferva a agua).
  8. Retira do forno cando ao pinchar o bandullo coa punta do coitelo salga limpia.
  9. Deixa arrefriar completamente antes de desmoldar.
Subscríbete ao noso boletín
Mantente informado de todo o que acontece no Pazo de Vilane e goza das nosas actividades, sorteos, premios...
Información básica 1ª CAPA sobre Protección de Datos: Responsable: Pazo de Vilane | Finalidade: Contestar ás solicitudes de información do interesado, establecemento ou mantemento de Relacións Comerciais e posiblemente para o envío de publicidade. | Lexitimación: Consentimento do interesado e interese lexítimo no desenvolvemento da relación comercial | Destinatarios: Non se cede a información | Dereitos: Acceso, rectificación, supresión, limitación, oposición e portabilidade | Información adicional: Política de privacidade