Receitas de inverno para loitar contra o frío

Huevos cocotte con jamón y trufa

O frío xa se instalou de cheo e apetecen cousas quentiñas e reconfortantes, esas ricas receitas de inverno que a todos nos gusta desfrutar en días desapacibles.

As tardes son escuras e moi longas, por iso todo convida a quedarse na casa coa familia ou con amigos para degustar unha porción de tarta ou unha rica rosquilla á hora de merendar.

E é que dá igual que neve, chova ou “faga un día de cans”, se ao chegar á casa entoamos o corpo cunha sopa, uns ovos cocotte ou ao forno ou algún que outro prato con ingredientes invernais, como o bacallau ou os grelos, a vida vese doutra maneira.

De verdade, se pensabas que a estación fría carece de atractivos é que inda non exploraches todas as súas posibilidades culinarias. Segue a ler, que hoxe vas descubrir 10 receitas de inverno con ovos campeiros moi sinxelas, deliciosas e moi nutritivas.

Sopa castelá

Que sería de nós nos fríos días invernais sen a sopa castelá? Parece mentira que unha comida tan sinxela e de tan poucos ingredientes estea tan rica.

Receita da sopa castelá

Na nosa receita de sopa castelá propoñémosche unha elaboración clásica: apenas allo, pan duro, xamón, caldo, pemento… E os mellores ovos campeiros, por suposto, que atoparás ao lado da casa!

Os moi sopeiros non quedarán decepcionados. Por algo é un dos pratos máis coñecidos (e recoñecidos) da gastronomía española.

Revolto de grelos e gambas

Os grelos teñen un sabor sorprendente e están cargados de nutrientes. Nacen xusto despois das xeadas, así que con eles vas poder preparar boísimas receitas de inverno, como este revolto de grelos e gambas que che propoñemos.

Revolto de grelos e gambas

O prato en cuestión é rico e rápido coma poucos, e a pesar de estar cargado de nutrientes (fibra, vitaminas e un montón de minerais, como ferro, magnesio, cobre, potasio…), é moi pouco calórico. Por iso pode ser un prato único perfecto para levar á oficina ou para un plan de cea no sofá e película.

Ovos cocotte con xamón e trufa

Os ovos cocotte ou ovos ao forno en cazolo son unha das técnicas de cociñado de ovo que máis nos gustan no inverno. E é que, sen apenas manchar a cociña (porque ademais pódelos cociñar no microondas) e en poucos minutos consegues uns resultados espectaculares: un prato quentiño, saboroso e que combina ben con case calquera ingrediente que lle botes.

Ovos cocotte con xamón e trufa

Nesta ocasión decidímonos po estes ovos cocotte con xamón e trufa sobre cama de verduras: máis fácil e versátil, imposible. Non sufras se che falta algunha verdura: improvisa e engádelle todo o que se che ocorra. Verás como isto dos ovos cocotte te engancha…

Ovos Villaroy

Se che encantan as croquetas, hoxe estás de sorte. Porque degustar por primeira vez a nosa receita de ovos villaroy (algo así como uns ovos duros “encroquetados”) é toda unha experiencia para o padal. Morrerás de gusto!

Ovos Villaroy

Como o prato é moi nutritivo, virache moi ben como segundo (hai quen os desfruta como aperitivo) despois dunha mañanciña de paseo fresquiño. Acompáñaos dunha ensalada variada e verás como desaparecen en segundos.

Ovos beneditinos

Metémoste na escena: mañá de sábado, chove e fai frío fóra, e o único que che apetece é preparar un bo almorzo, unha xerra de café quente, e abandonarte por completo á pereza mentres les os xornais.

Ovos beneditinos

Para este plan traémosche a mellor das receitas, ovos beneditinos, un almorzo aditivo para moitos. É saudable, enerxético e sinxelamente delicioso. Inclúeo no teu catálogo de receitas de inverno; non te arrepentirás…

Quiche de verduras e ovos campeiros

Outro prato san, exquisito e que é apropiado se sodes moitos na cas. Ademais, esta Quiche de verduras e ovos campeiros ten a vantaxe de que admite case que calquera ingrediente. Aproveita e incorpora estas verduras que fan saltar as alarmas nos nenos: anacos pequenos de brócoli, espárragos verdes, pementos vermellos ou verdes, cabazos, patacas doces…

Quiche de verduras

E é que as quiches lémbranlles ás pizzas -aínda que a súa orixe, ingredientes e sabores son ben distintos- e por tanto, adoitan trunfar entre os máis pequenos da casa.

Bacallau dourado

Aínda que hoxe en día é ben sinxelo atopar bacallau salgado todo o ano, a súa tempada abarca dende finais de outono até a primavera. É, polo tanto, un dos peixes invernais por excelencia.

Receita de Bacallau dourado

Encántanos o bacallau. En salsa ou á prancha está deliciosos, pero como nos volve tolos é nesta receita de bacallau dourado, unha das especialidades máis famosas e apreciadas dos nosos veciños portugueses que hai que degustar acabada de facer, para que as pataquiñas palla non perdan a súa textura crocante ao fundirse co ovo batido.

¡Verás qué delicia!

Escalope con ovo poché.

Traémosche un prato sinxeliño, dos de “fondo de armario”, pero para chuchar os dedos: escalope con ovo poché. A clave está en servilo acabado de facer, para romper o ovo e que a xema se funda en cada bocado de escalope.

Escalope con ovo poché.

Non esquezas que a verdadeira diferenza nesta receita márcana a calidade dos ingredientes: pan relado caseiro, a mellor tenreira e os ovos… campeiros e do Pazo, naturalmente!

Rosquillas

Non deixes pasar un inverno máis sen dedicar unha tarde de sábado a cociñar a nosa receita de rosquillas cos teus nenos. Despois terás que facer o “sacrificio” de merendalas… quentiñas, claro está!

Rosquillas

Prepara o chocolate ou o café para acompañalas, que verás como lles vas empezar a atopar o gusto a iso das tardes supostamente tristes e escuras do inverno…

Torta de queixo estilo A Viña

A sobremesa que gusta a todos en Pazo pola súa suavidade e textura é esta torta de queixo ao estilo A Viña, o restaurante donostiarra que fixo famosa no mundo enteiro a receita orixinal. É case imposible probala e non repetir unha e outra vez porque non é nada doce de máis e fúndese no padal.

Torta de queixo  A Viña

Poucas cousas che parecerán máis pracenteiras que servirte unha boa porción desta tarta -asegúrate de non callala demasiado por dentro- e degustala amodo mentres contemplas como cae a choiva dende a túa ventá.

Mug cake de chocolate

Os moi chocolateiros adoramos este mini biscoito que poderás preparar en menos de 5 minutos e de forma tan sinxela que non darás creto. Este mug cake de chocolate pode ser un premio especial para os nenos ou un capricho doce para ti, ti decides.

Mug cake de chocolate

Tamén é un excelente candidato como sobremesa sinxela e rica para convidados: prepara tantos como comensais en cuncas individuais e engalánaos coas nosas marmeladas artesanais. Trunfarás de seguro!

Como ves, as baixas temperaturas tamén nos traen alegrías gastronómicas. Por iso, ao mal tempo, boa cara, di o refrán, e estamos seguros de que estas riquísimas receitas de inverno che axudarán a sorrir de orella a orella.

Arrodéate de quen máis queres para saborealas e comprobarás que os días máis fríos do ano poden ser moi especiais.

Gustouche este artigo? Pois ofrecémosche moito máis! Subscríbete ao noso boletín e recibirás un libro dixital gratuíto!